martes, 17 de septiembre de 2019

U-la biblioteca?





Ola, amigos e amigas da biblioteca!
Cantas ganas de estar con vós e sentir voces que suben a todo tren polas escaleiras a coller novos libros, xogar, ler, escoitar música etc.
Sen embargo este curso tardaremos en vernos un chisquiño porque estamos mudando por dentro...
Un gran cambio! Non un simple movemento de armario e aparición de libros recentes, non; desta vai ser o renacemento da biblioteca do Curros Enríquez !
Levamos xa dende o curso pasado dándolle voltas e neste verán  comezaron as obras; agora toca  limpar, pensar, repensar, axeitar, colocar e "comerse moito o coco" para ofrecervos a mellor biblioteca do mundo!
Queremos que a biblioteca do colexio Curros Enríquez de Celanova sexa...
-Moi bonita
-Coas últimas novidades 
-Con moitos xogos
-Con emisora de radio
-Con espazo para fedellar
-Para aprender cousas novas
-Para traballar en equipo
-Para ler comodamente  
-Para todos e para todas (nen@s, familias, ex-alumn@s, profes, persoal do centro...)

Xa vos iremos informando das últimas novidades! Ata pronto!
Pepón
 

No hay comentarios: