jueves, 21 de diciembre de 2017

A nosa biblioteca na revista EDUGA

http://www.edu.xunta.gal/eduga/1457/boas-practicas/voluntariado-biblioteca-escolar

No número 74 (xullo-decembro 2017) de Eduga. Revista Galega do Ensino aparece un artigo no que se fala das actividades realizadas  na biblioteca do noso colexio.
Toda unha honra aparecer nel.

18 pequenos grandes lectoras/es

Ola de novo! Cómpre dicir que os usuarios da biblio que máis libros len son as nenas! Os  18 mellores lectores da biblio do 1º trimestre locen o seu nome nas fiestras da entrada do colexio!
Ademais escribiron eles/as mesmos as súas propias recomendacións!
Parabéns a todos/as!







DEREITOS para tod@s

Ola, amigos e amigas! Este mes de decembro foi moi movidiño e desde a biblio non houbo tempo para colgar os traballos que se fixeron nas últimas semanas. Coma sempre , contamos a todo o colexio o que está pasando a través da megafonía.
 Aquí vos deixamos a aportación de cada curso áo mural que loce na entrada do cole sobre os DEREITOS DOS NENOS/AS.












Moito conto...

O alumnado voluntario lector de 6ºB foi representar a obra que preparan co gallo do 25N ao xeriátrico San Carlos. Público moi atento e agradecido  que pasou unha tarde diferente e nenos e nenas solidarios/as que repartiron mostras de cariño aos anciáns logo de rematar a actuación.
Agradecer á residencia a merendola  fin de festa.







Ademais as mestras de infantil prepararon a dramatización dun conto para representar ao todo o seu alumnado.


Saiu tan ben que contar repetir ...




 Esther, Natalia, Elena, tartaruga María, Sandra e Susana.

lunes, 4 de diciembre de 2017

25 de novembro: educando pola igualdade

Desta vez, a actividade SOMOS CONTACONTOS xirou en torno á data do 25 de novembro.
O alumnado voluntario de 6ºB preparou a dramatización do conto de Adelan Turín: Rosa caramelo.
Na biblioteca ou no salón de actos tódolos nenos e nenas escoitaron o conto con moita atención e quedoulles claro que non hai cores de nenos e cores de nenas, as cores son de todos.
Desde aquí cómpre agradecer á mestra Graciela, membro do equipo de biblio, o seu esforzo e dedicación para que saíra todo tan ben.
Aquí vos deixamos  o resultado da actividade, podedes ver a interpretación na biblioteca, no salón de actos ou degustar as dúas  marabillosas interpretacións dos/as voluntarios/as lectores/as de 6ºB.



Interpretación feita no salón de actos do centro:





Interpretación feita na biblioteca do colexio:

Así foi o mes da ciencia



Na biblio do Curros co gallo do mes da ciencia realizáronse as seguintes actividades:
O alumnado de sexto curso realizou un obradoiro sobre o microscopio.

Traballo voluntario de investigación sobre 12 mulleres científicas galegas de 3º a 6º.






Por último, o alumnado voluntario da biblioteca asumiu o rol de científico e preparou uns experimentos de fisica e química para o alumnado de infantil de 5 anos, 1º e 2º de primaria. 
Sen dúbida algunha esta actividade foi a que máis éxito tivo pois tanto os científicos/as como o público estiveron motivados e aprenderon  moito. Para o ano máis ciencia!








domingo, 26 de noviembre de 2017

"Somos contacontos" modo On



Ola, amigos e amigas!
Fai xa algúns días deu comezo a actividade  "Somos contacontos". Como xa sabedes, o alumnado voluntario  da biblio prepara unhas dramatizacións de fermosos contos. Este curso empezamos con "Corre corre, cabaciña". Ademais de escoitala en inglés por Ellen, a nosa auxiliar de conversa, os nenos e nenas de 6ºA que se anotaron ao voluntariado  de lectura prepararon a historia  para todo infantil. Aquí vola deixamos para que a disfrutedes tamén.


 

jueves, 23 de noviembre de 2017

Temos tamén código QR

Para facilitarvos a entrada ás Redes Sociais aquí vos deixamos o código QR da nosa biblio. Só tendes que escanealo e poñervos a navegar...


25 de novembro : CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO II




Un marabilloso conto de Adela Turín para traballar co alumnado a igualdade de xénero:

25 de novembro : CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO I



Despois da reflexión sobre o uso da linguaxe e da necesidade de evitar o sexismo nas nosas conversas, escritos etc.  toca mirar para os fogares dos nenos e nenas do Curros e comprobar se hai tarefas propias de mulleres  ou de homes ou se, pola contra, todos na familia deben colaborar para buscar o ben común independentemente da actividade a realizar.
Nenos e nenas, botade un ollo e respostade: xénero feminino o xénero masculino? home ou muller? mamá ou papá? ou quizais... os dous o fan!

miércoles, 22 de noviembre de 2017

O día que non debería existir, e as palabras que existen e non se usan



Algunha vez vos resultou estrano escoitar a alguén falar de unha persoa empregando a palabra que non é? Por exemplo, mirade esta situación: