martes, 8 de noviembre de 2016

E CHEGOU O SAMAÍN...!!!!

A biblioteca transformouse nun lugar terrorífico, os días 27 e 28 de outubro, para celebrar a festa do Samaín.
Os corredores estaban a escuras só iluminados pola luz que saía dalgunhas candeas e ao lonxe sonaba unha música terrorífica.
Os  nenos e nenas do colexio subiron á Biblioteca onde os esperaba un bruxo moi especial e morreron de medo coa dramatización do Kamishibai "O Samaín".
Logo  do susto tamén gozaron coa exposición de libros que alí había.





miércoles, 2 de noviembre de 2016

Semana das Bibliotecas Escolares

Na semana do 17 ao 24 de outubro levamos a cabo na biblioteca unhas xornadas de formación de usuarios co alumnado de Primaria.
A finalidade desta actividade foi  a de achegar e/ou lembrar aos rapaces/as as normas de funcionamento e o desenvolvemento dentro da biblioteca.
A actividade desenvolveuse de forma lúdica e atractiva para os nenos e nenas, os cales participaron abertamente.
Nada máis saír da clase tiñan que atopar os libros que había agochados polos corredores ata chegar á biblio. Unha vez alí, o mago que os estaba esperando sacaba do seu cofre máxico uns rolos de papel nos que aparecían as normas de funcionamento e Snoopy explicaba os pasos a seguir para atopar un libro ou colocalo despois de lelo.
Ao finalizar cada sesión, cada alumno/a levou o seu primeiro libro para a casa.