domingo, 8 de mayo de 2016

"Seis barbudos"

Durante esta semana pasada   un grupo de alumnas de 6ºEP contoulle  o conto "Seis barbudos" ( escrito por Mar Pavón e ilustrado por Vitali Konstantinov) , a todo o alumnado de educación infantil.
Antón, Brais, Noa, Celia, Iván, Rebeca e Fátima Jeimar  estiveron preparando durante moitos días a historia. Ademais da interpretación, fixeron unhas preciosas manualidades  coas que ambientaron o conto e quedoulles "de rechupete". Grandes e pequen@s pasáronno xenial! 
Aquí queda unha mostra do acontecido .



"O valente coello que quixo soñar"




Os días 12, 13 e 14 de abril un novo  grupo de alumnas de 6º contoulle ao alumnado de infantil o conto: "O valente coello que quixo soñar" escrito por Miguel Ángel Alonso Diz e ilustrado por Luz Beloso).
Adriana Virginia, Andrea, Celia, Yessica e Alexandre  estiveron preparando durante moitos días a historia.  Aquí vos queda un mostra en foto e vídeo do seu estupendo traballo!