lunes, 28 de marzo de 2016

"O soño de Esther"

Durante esta semana  un grupo de alumnas de 6ºEP contoulle  o conto "O soño de Esther"( escrito por Miguel Ángel Alonso Diz e ilustrado por Luz Beloso) , ao alumnado de educación infantil.
Noa, Irea, Sheila, Helena, Ana, Nayara e Ainoa estiveron preparando durante moitos días a historia. Ademais da interpretación, fixeron unhas preciosas manualidades  coas que ambientaron o conto e quedoulles "de rechupete".
Polas caras dos nenos e nenas, deduciredes que o pasaron xenial !




Se queredes ver unha das tres animacións que fixeron estas fantásticas contacontos, clicade no vídeo e a disfrutar!




Así foi a Semana da Poesía

Ainoa, Lucía,  Jorge González, Jose, Marta Freire, Camelia, Marta Rivera, Aroa, Lara e Alba son as/os voluntarios/as  da  biblio de 5º que ofreceron aos seus compañeiros/as as poesías  de Manuel María. 
Fixéronno moi ben! 













Aquí vos deixamos as poesías de Manuel María que se "degustaron":


domingo, 27 de marzo de 2016

3ª visita das Coelerni-exploradoras

O luns, 14 de marzo visitáronnos as Coelerni-exploradoras: Virginia e Noa.
Tiveron a sorte de escoitar as súas lecturas  as "pitufas" de 5 anos: Celtia e Ariadna.

Pasáronno moi, moi ben!







lunes, 14 de marzo de 2016

Semana da POESÍA




Empezou a "Semana da Poesía" no CEIP Curros Enríquez! 
Os nenos e nenas de 5ºEP ( voluntarios/as  da biblioteca) lerán pola megafonía do centro durante a Hora de Ler  un poema cada día.  
Este ano o Día das Letras Galegas dedícaselle a Manuel María e ningúen mellor ca el  para  que "degustemos unhas suculentas poesías" da súa autoría.


Tódolos poemas que se lerán  foron musicados (Suso Vaamonde,  Uxía e Magín )  e atópanse nos discos:


Na nosa biblioteca podes atopar libros de Manuel María e os discos.

viernes, 11 de marzo de 2016

As Coelerni-exploradoras vanlle co conto a...

Este xoves, 10 de marzo,  viñeron de visita novamente as Coelerni-exploradoras! Esta vez foron:  Vanessa e Celia! Aparcaron os seus libros voadores e léronlle un conto a:
Sofía, Lucas, Naia e Antón (de infantil de 4 anos)





lunes, 7 de marzo de 2016

1ª visita das Coelerni-exploradoras

Ola! Hoxe, viñeron de visita as Coelerni-exploradoras Andrea e Fátima Jeimar!
Viñan montadas nos seus super libros voadores, que deixaron aparcados á entrada do noso colexio.
Diríxonse a infantil de 4 anos a recoller aos premiados no sorteo: Saray e Jesús.
Pasáronno así de ben:


martes, 1 de marzo de 2016

A viaxar cos libros!

Nenos e nenas:
os COELERNI-EXPLORADORES, coñecidos no mundo mundial pola súa afección a viaxar  e explorar outras paisaxes a través dos libros virán ao noso colexio!
Sabémolo porque nos mandaron un vídeo feito por eles!
Orellas ben abertas!