miércoles, 24 de febrero de 2016

Feliz cumpreanos, Rosalía!

Tal día coma hoxe, un 24 de febreiro de 1837, naceu Rosalía de Castro en Padrón (A Coruña)
Desde a biblioteca imos propoñervos dúas actividades:

1ª: Un  puzzle  da imaxe de  Rosalía (reinterpretación en estilo pop feita polo Rei Zentolo).


preview
Rosalia

2ª:Coñecemos a súa vida 
Para informarnos:
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/rosalia/rosalia.html


Para disfrutar dun poema de Rosalía  musicado por Amancio Prada:

martes, 23 de febrero de 2016

Encántanos o kamishibai!

O equipo de voluntarios e voluntarias da biblioteca quixo agasallar aos seus compañeiros/as cunhas sesións de contos no teatrillo xaponés, kamishibai.
Os contos elixidos foron:
  • O gato con botas, para educación infantil
  • Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?,  para toda a primaria.
 Do 16  ao 24 de febreiro durante a HORA DE LER os diferentes cursos foron pasando pola biblio para deleitarse coas imaxes e as historias que os nenos e nenas de 5º e 6º ían contando.


jueves, 11 de febrero de 2016

Exploramos o Mundo

Aquí vos deixamos o resultado do pequeno proxecto de investigación que fixemos no noso colexio. 
O equipo de biblio quere dar as grazas aos mestres/as pola súa implicación e os excelentes resultados!
Viaxamos sen movernos de Celanova por:
GALICIA
GRECIA
ÁFRICA - EXIPTO
CHINA
MÉXICO
BRASIL
ESTADOS UNIDOS