martes, 20 de diciembre de 2016

Guía de Lecturas 2016

Desexámosvos unas moi boas lecturas neste Nadal.


martes, 8 de noviembre de 2016

E CHEGOU O SAMAÍN...!!!!

A biblioteca transformouse nun lugar terrorífico, os días 27 e 28 de outubro, para celebrar a festa do Samaín.
Os corredores estaban a escuras só iluminados pola luz que saía dalgunhas candeas e ao lonxe sonaba unha música terrorífica.
Os  nenos e nenas do colexio subiron á Biblioteca onde os esperaba un bruxo moi especial e morreron de medo coa dramatización do Kamishibai "O Samaín".
Logo  do susto tamén gozaron coa exposición de libros que alí había.





miércoles, 2 de noviembre de 2016

Semana das Bibliotecas Escolares

Na semana do 17 ao 24 de outubro levamos a cabo na biblioteca unhas xornadas de formación de usuarios co alumnado de Primaria.
A finalidade desta actividade foi  a de achegar e/ou lembrar aos rapaces/as as normas de funcionamento e o desenvolvemento dentro da biblioteca.
A actividade desenvolveuse de forma lúdica e atractiva para os nenos e nenas, os cales participaron abertamente.
Nada máis saír da clase tiñan que atopar os libros que había agochados polos corredores ata chegar á biblio. Unha vez alí, o mago que os estaba esperando sacaba do seu cofre máxico uns rolos de papel nos que aparecían as normas de funcionamento e Snoopy explicaba os pasos a seguir para atopar un libro ou colocalo despois de lelo.
Ao finalizar cada sesión, cada alumno/a levou o seu primeiro libro para a casa.

viernes, 10 de junio de 2016

domingo, 8 de mayo de 2016

"Seis barbudos"

Durante esta semana pasada   un grupo de alumnas de 6ºEP contoulle  o conto "Seis barbudos" ( escrito por Mar Pavón e ilustrado por Vitali Konstantinov) , a todo o alumnado de educación infantil.
Antón, Brais, Noa, Celia, Iván, Rebeca e Fátima Jeimar  estiveron preparando durante moitos días a historia. Ademais da interpretación, fixeron unhas preciosas manualidades  coas que ambientaron o conto e quedoulles "de rechupete". Grandes e pequen@s pasáronno xenial! 
Aquí queda unha mostra do acontecido .



"O valente coello que quixo soñar"




Os días 12, 13 e 14 de abril un novo  grupo de alumnas de 6º contoulle ao alumnado de infantil o conto: "O valente coello que quixo soñar" escrito por Miguel Ángel Alonso Diz e ilustrado por Luz Beloso).
Adriana Virginia, Andrea, Celia, Yessica e Alexandre  estiveron preparando durante moitos días a historia.  Aquí vos queda un mostra en foto e vídeo do seu estupendo traballo!



viernes, 29 de abril de 2016

Enigmas 2016

O alumnado de primeiro e segundo terán que resolver un enigma por día para non caer no feitizo da bruxa. Todo isto acontecerá a semana que vén. Se queredes saber en que consistirá o feitizo mirade o video.


martes, 12 de abril de 2016

Os Coelerni-exploradores viñéronnos co conto!

Durante as últimas semanas  recibimos 3 visitas dos nosos amigos, os Coelerni-exploradores.
Esta vez fóronlles co conto a nenos/as de 1º, 2º e 3º curso de primaria.
Ainhoa, Lucía, Marta e Jorge foron os encargados de deleitar aos nenos agraciados coas lecturas: "Bola de manteiga" e É rara Makeke?




lunes, 28 de marzo de 2016

"O soño de Esther"

Durante esta semana  un grupo de alumnas de 6ºEP contoulle  o conto "O soño de Esther"( escrito por Miguel Ángel Alonso Diz e ilustrado por Luz Beloso) , ao alumnado de educación infantil.
Noa, Irea, Sheila, Helena, Ana, Nayara e Ainoa estiveron preparando durante moitos días a historia. Ademais da interpretación, fixeron unhas preciosas manualidades  coas que ambientaron o conto e quedoulles "de rechupete".
Polas caras dos nenos e nenas, deduciredes que o pasaron xenial !




Se queredes ver unha das tres animacións que fixeron estas fantásticas contacontos, clicade no vídeo e a disfrutar!




Así foi a Semana da Poesía

Ainoa, Lucía,  Jorge González, Jose, Marta Freire, Camelia, Marta Rivera, Aroa, Lara e Alba son as/os voluntarios/as  da  biblio de 5º que ofreceron aos seus compañeiros/as as poesías  de Manuel María. 
Fixéronno moi ben! 













Aquí vos deixamos as poesías de Manuel María que se "degustaron":


domingo, 27 de marzo de 2016

3ª visita das Coelerni-exploradoras

O luns, 14 de marzo visitáronnos as Coelerni-exploradoras: Virginia e Noa.
Tiveron a sorte de escoitar as súas lecturas  as "pitufas" de 5 anos: Celtia e Ariadna.

Pasáronno moi, moi ben!







lunes, 14 de marzo de 2016

Semana da POESÍA




Empezou a "Semana da Poesía" no CEIP Curros Enríquez! 
Os nenos e nenas de 5ºEP ( voluntarios/as  da biblioteca) lerán pola megafonía do centro durante a Hora de Ler  un poema cada día.  
Este ano o Día das Letras Galegas dedícaselle a Manuel María e ningúen mellor ca el  para  que "degustemos unhas suculentas poesías" da súa autoría.


Tódolos poemas que se lerán  foron musicados (Suso Vaamonde,  Uxía e Magín )  e atópanse nos discos:


Na nosa biblioteca podes atopar libros de Manuel María e os discos.

viernes, 11 de marzo de 2016

As Coelerni-exploradoras vanlle co conto a...

Este xoves, 10 de marzo,  viñeron de visita novamente as Coelerni-exploradoras! Esta vez foron:  Vanessa e Celia! Aparcaron os seus libros voadores e léronlle un conto a:
Sofía, Lucas, Naia e Antón (de infantil de 4 anos)





lunes, 7 de marzo de 2016

1ª visita das Coelerni-exploradoras

Ola! Hoxe, viñeron de visita as Coelerni-exploradoras Andrea e Fátima Jeimar!
Viñan montadas nos seus super libros voadores, que deixaron aparcados á entrada do noso colexio.
Diríxonse a infantil de 4 anos a recoller aos premiados no sorteo: Saray e Jesús.
Pasáronno así de ben:


martes, 1 de marzo de 2016

A viaxar cos libros!

Nenos e nenas:
os COELERNI-EXPLORADORES, coñecidos no mundo mundial pola súa afección a viaxar  e explorar outras paisaxes a través dos libros virán ao noso colexio!
Sabémolo porque nos mandaron un vídeo feito por eles!
Orellas ben abertas!

miércoles, 24 de febrero de 2016

Feliz cumpreanos, Rosalía!

Tal día coma hoxe, un 24 de febreiro de 1837, naceu Rosalía de Castro en Padrón (A Coruña)
Desde a biblioteca imos propoñervos dúas actividades:

1ª: Un  puzzle  da imaxe de  Rosalía (reinterpretación en estilo pop feita polo Rei Zentolo).


preview
Rosalia

2ª:Coñecemos a súa vida 
Para informarnos:
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/rosalia/rosalia.html


Para disfrutar dun poema de Rosalía  musicado por Amancio Prada:

martes, 23 de febrero de 2016

Encántanos o kamishibai!

O equipo de voluntarios e voluntarias da biblioteca quixo agasallar aos seus compañeiros/as cunhas sesións de contos no teatrillo xaponés, kamishibai.
Os contos elixidos foron:
  • O gato con botas, para educación infantil
  • Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?,  para toda a primaria.
 Do 16  ao 24 de febreiro durante a HORA DE LER os diferentes cursos foron pasando pola biblio para deleitarse coas imaxes e as historias que os nenos e nenas de 5º e 6º ían contando.


jueves, 11 de febrero de 2016

Exploramos o Mundo

Aquí vos deixamos o resultado do pequeno proxecto de investigación que fixemos no noso colexio. 
O equipo de biblio quere dar as grazas aos mestres/as pola súa implicación e os excelentes resultados!
Viaxamos sen movernos de Celanova por:
GALICIA
GRECIA
ÁFRICA - EXIPTO
CHINA
MÉXICO
BRASIL
ESTADOS UNIDOS




jueves, 14 de enero de 2016

Viaxe na Nave dos Libros

Para realizar a investigación  sobre o país/continente/pobo do que imos ir disfrazados, utilizando internet,  móstranse a continuación unha serie enlaces que poden ser de axuda.

RECURSOS ONLINE:
  • Educación infantil:
 https://es.wikipedia.org/wiki/M%C3%A9xico 
http://www.visitmexico.com/es_us/VisitMexico30/10_deliciosas_razones_para_amar_Mexico 

  • 1ºEP
https://es.wikipedia.org/wiki/%C3%81frica 
http://www.mochileandoporelmundo.com/las-tribus-africanas-mas-curiosas/ 
  • 2ºEP
https://es.wikipedia.org/wiki/Grecia 
http://www.batanga.com/curiosidades/6726/7-grandes-inventos-que-debemos-agradecerle-a-los-antiguos-griegos 
  • 3ºEP
 https://es.wikipedia.org/wiki/Viejo_Oeste
http://www.saposyprincesas.com/manualidades/5-manualidades-de-indios-americanos-para-ninos/ 
http://www.rnovelaromantica.com/index.php/articulos-y-noticias/todos-los-articulos/item/sabias-que-los-indios-norteamericanos 
  • 4ºEP
https://es.wikipedia.org/wiki/Brasil 
https://es.wikipedia.org/wiki/Carnaval_de_Brasil 
  • 5ºEP
 http://egipto.com/egipto_para_nino/
https://es.wikipedia.org/wiki/Antiguo_Egipto 
  • 6ºEP 
https://es.wikipedia.org/wiki/Rep%C3%BAblica_Popular_China
http://www.china-family-adventure.com/es-informacion-datos-de-china.html

Empeza o 2º trimestre coas pilas cargadas...