lunes, 2 de febrero de 2015

Día Escolar da Non Violencia e da Paz


O  30 de xaneiro no noso colexio celebramos o Día da Paz.

Pepón, a mascota da nosa biblio, levaba xa un par de semanas  recomendando aos nenos e nenas lecturas sobre o tema. 



Ademais as paredes do cole arrecendían a poesía.




Despois de recreo mestres/as e alumnado  reuníronse no ximnasio  para escoitar  a dramatización  levada a cabo por  oito nenos e nenas de 3ºciclo da historia en forma de poema  dun pastel de nata moi singular, “La paloma Mari Paz” de Carmen Gil.



Para finalizar todos cantamos a canción versionada ao galego  “O progreso” de Roberto Carlos co acompañamento como vén sendo habitual  do alumnado de 3º ciclo ás frautas, xilófonos e teclado.
 


Para enterarte máis polo miúdo de tódalas actividades, entra na páxina web do colexio.

No hay comentarios: