miércoles, 25 de febrero de 2015

miércoles, 18 de febrero de 2015

A nosa biblio en internet

Lembrámosvos que tamén podedes entrar na nosa biblioteca a través de internet.
Só cun click podes ter acceso a:
  • Novidades
  • Os máis emprestados
  • Deixar a túa opinión sobre un libro ou ler a opinión doutros/as
  • Reservar un exemplar
  • Ler a prensa dixital nacional e internacional
  • Ler revistas dixitais
  • ...

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=OEC018

miércoles, 11 de febrero de 2015

Estamos de expurgo




Ademais das actividades comentadas nas entradas anteriores do noso blogue, comezamos o 2º trimestre cun expurgo dos fondos da biblio, tarefa que aínda está en proceso. 
Á volta das vacacións de Nadal o equipo de biblioteca do cole, púxose a facer expurgo dos libros que hai que retirar. Algúns dos criterios que estamos a seguir son: o desfase científico dos contidos, o estado físico dos materiais e a antigüidade dos libros. 
Ademais hai que facer sitio para as novas adquisicións!

lunes, 2 de febrero de 2015

Día Escolar da Non Violencia e da Paz


O  30 de xaneiro no noso colexio celebramos o Día da Paz.

Pepón, a mascota da nosa biblio, levaba xa un par de semanas  recomendando aos nenos e nenas lecturas sobre o tema. 



Ademais as paredes do cole arrecendían a poesía.




Despois de recreo mestres/as e alumnado  reuníronse no ximnasio  para escoitar  a dramatización  levada a cabo por  oito nenos e nenas de 3ºciclo da historia en forma de poema  dun pastel de nata moi singular, “La paloma Mari Paz” de Carmen Gil.



Para finalizar todos cantamos a canción versionada ao galego  “O progreso” de Roberto Carlos co acompañamento como vén sendo habitual  do alumnado de 3º ciclo ás frautas, xilófonos e teclado.
 


Para enterarte máis polo miúdo de tódalas actividades, entra na páxina web do colexio.