miércoles, 16 de diciembre de 2015

"DEVORADORES DE LIBROS"

E comezamos a ser uns verdadeiros "devoradores de libros". Os/as nenos/as de 1º de Primaria recibirán unhas libretiñas que lles permitirán plasmar as súas aventuras no mundo da lectura.
Desta maneira motivaremos a lecto-escritura de forma lúdica e divertida.
¡ Esperamos que lles guste !.







lunes, 7 de diciembre de 2015

Premio aos mellores "caracastañas"

Vendo a tremenda participación  dos nenos e nenas na realización de personaxes castañizados e a calidade dos traballos...
Acordouse premiar algunhas  das vosas obras de arte. O Equipo de biblio foi o encargado de facer a selección.
Parabéns a todos e todas.










Dereitos Humanos

Esta semana conmemórase o 67 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos,  firmada o 10 de decembro de 1948.  



O equipo de biblioteca do Curros Enríquez de Celanova preparou un marcapáxinas para agasallar a tódolos alumnos/as  do colexio. Búscase traballar o tema dos Dereitos Humanos nas aulas e mesmo na familias.


Para iso deixámosvos a continuación uns enlaces que servirán de axuda:


  • Actividades interactivas:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/carambolo/WEB%20JCLIC2/Agrega/Medio/Los%20derechos%20humanos/contenido/index.html



http://www.aventurafascinante.org/


http://www.aventurauniversal.com/index.asp

viernes, 27 de noviembre de 2015

Exposición de personaxes castañizados

Encántanos ver o pasillo da nosa biblio cheo de...
 "caracastañas"!

Houbo unha altísima participación  e ademais de calidade. Se non, para mostra un botón...



jueves, 26 de noviembre de 2015

Así foi o 25 de novembro

Onte na Hora de Ler , un exército  de nenos e nenas de 6º organizado por parellas "plantou" a semente da reflexión nas aulas. 
Porque NON QUEREMOS VIOLENCIA DE XÉNERO,  desde o Curros intentamos que os máis pequenos tomen conciencia de que homes e mulleres somos todos iguais.

O libro escollido foi: 
O libro dos Porcos de Anthony Browne  (Ed. Kalandraka)

Os maiores do centro fóronlles co conto ao resto do colexio e invitáronos a pensar quen é a persoa da súa casa que traballa máis, se eles fan algo para axudar un chisco...
Os/as  mestres/as traballaron logo con eles o tema nas aulas.



miércoles, 25 de noviembre de 2015

FEIRA DO LIBRO ANTIGO E USADO PARA MESTRES/AS.

Durante esta semana, hai unha exposición de libros expurgados na biblioteca.

Tódolos/as mestres/as podedes ver os libros expostos e levar os que máis vos interesen.

Moitas grazas pola vosa participación.



viernes, 20 de noviembre de 2015

Contra a violencia de xénero


25 de novembro

É o Día Internacional contra a Violencia de Xénero

A ONU declarou que a violencia de xénero é todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado  un dano, incluídas as ameazas,  a prohibición  da liberdade...

Desde a biblioteca do Curros imos poñer a nosa semente para que os máis pequenos/as mediten un chisquiño.


O libro dos Porcos ( diapositivas)

A continuación reflexionamos sobre "O libro dos Porcos":





Outra guía de lectura: 
 https://es.scribd.com/doc/72027546/GuiadeLectura-El-libro-de-los-cerdos


Para rematar, aprendemos a canción e cantámola nas nosas casas ben alto!



miércoles, 18 de noviembre de 2015

Visita da Cebra Camila


Aos nenos e nenas de infantil de 5 anos encantoulles o conto da Cebra Camila! 
Nada mellor para estimular a linguaxe oral dos pequenos que a visita deste personaxe tan gracioso!
Os "Pitufos" subiron á biblioteca, viron o vídeo do conto e  por grupos foron saíndo colocarlle as raias perdidas á pobre cebra.
Foi todo un éxito!


jueves, 5 de noviembre de 2015

¡¡¡SAMAÍN DE TERROR!!!

Coa chegada do Samaín, os días 28 e 29 de outubro, a biblioteca transformouse para tal ocasión.
Os nenos e nenas ían chegando atemorizados por ruídos estranos,unha bruxa aterradora que os invitaba a subir...

...para visualizar libros aterradores...


                                                 ... e para ver o vídeo a " lenda do espantallo"

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Mochilas viaxeiras

Xa están a pleno funcionamento as nosas MOCHILAS VIAXEIRAS!
Desde o xoves 22 de outubro que empezaron a percorrer os fogares dos nenos e nenas do Curros non paran! Desexamos que a actividade xunte ás familias a carón dos libros e pasen todos xuntos un rato moi agradable.
 

Semana das bibliotecas escolares

Para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, do 19 ao 27 de outubro leváronse a cabo unha serie de  actividades na que os nenos e nenas de primaria exploraron as seccións da nosa biblio, seguiron as pistas que lles deixou Pepón (a nosa mascota), traballaron en equipo, colleron o seu primeiro libro e algún ou algunha levou a mochila viaxeira. Unha semana movidiña para a nosa biblio que xa tiña ganas de abrir as súas portas despois das obras realizadas nela.
Dá gusto ver o "enganchados que ían algúns para as aulas".


 Cunha mensaxe nunha botella empezou a actividade de 1º a 4º : 

” Pepón proponche un xogo que mola mogollón… serás aventureir@ e ademais explorador . Se atopas o camiño , que gran emoción! “ 

Para os maiores a actividade baseouse en descrifrar cinco mensaxes secretas e facer o que alí se pedía:


"a/orodarolpxe  narg  oneuqep   sáres sarficsed  sexasnem sa es…nóllogom alom euq ogox nu nu ehcnoporp nópeP"


lunes, 19 de octubre de 2015

24 de outubro: Día Internacional das Bibliotecas Escolares

No Curros imos celebrar  a Semana da Biblioteca!  
Tódolos cursos de primaria serán exploradores dispostos a utilizar a súa lupa para descifrar as mensaxes  que Pepón, a nosa mascota, deixou no cofre pirata...
Xa vos contaremos como resultou a aventura!

Empezamos o curso...

Ola a tod@s! A biblioteca do CEIP Curros Enríquez abre as súas portas esta semana por fin!
As obras no centro retrasaron a súa apertura  un chisco pero empezamos coas pilas ben cargadas!
Para empezar, aquí deixamos o lema deste ano...


martes, 16 de junio de 2015

Novo libro do colexio

Por quinto ano consecutivo o CEIP Curros Enríquez publica un libro escrito e  ilustrado polos seus alumnos e alumnas. 
Se queres lelo, clica na foto:


http://issuu.com/omisteriodaslendas/docs/carballeira_do_tempo_libro_definiti/1



lunes, 15 de junio de 2015

Premio á "Mellor adaptación da obra literaria universal"





O  5 de xuño os Coelerni de 5º, seudónimo co que se presentaron ao II concurso  Manuel Sueiro, foron recoller a dito centro o premio á mellor adaptación do libro "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar" de Luis Sepúlveda. Na súa representación foron: Antón, Celia, Iván e Vanessa.  Moitas grazas a Manuel, o papá de Celia, por levar aos catro coelerni a Ourense. 


Foi un acto moi bonito: a directora presentou o evento e os nenos de infantil recitaron unhas adiviñas matemáticas e os de 1º contaron un conto de números precioso!


Para finalizar presentámoslles o noso libro "A carballeira do tempo" e agasallámolos cuns exemplares.


jueves, 4 de junio de 2015

Como nos foi?

A biblioteca do CEIP Curros Enríquez quere avaliarse e saber que opinan os nosos usuarios/as.
Moitas grazas pola túa colaboración.


Se eres alumno/a clica aquí fai a seguinte enquisa:

http://goo.gl/forms/ujnZULW7IJ 



lunes, 4 de mayo de 2015

Día do libro

O xoves, 23 de abril, celebramos no CEIP Curros Enríquez o Día do Libro!
Tódolos cursos subiron á biblio para ver a exposición "Plantando versos", traballo feito por todo o colexio.

A continuación a cada neno e nena agasallóuselle cun libro que el /ela mesmo/a escolleu.


Despois do recreo realizouse a actividade,  xa clásica no noso centro, "Apadriña un lector". O alumnado de 3º,4º, 5º e 6º curso leulle contos aos máis pequenos do colexio.

Todos encantados coa actividade!
Se queres ver tódalas fotos, tés que ir á galería da web do colexio.

lunes, 20 de abril de 2015

Sesión de contacontos



 
Empezamos a semana cunha sesión de contacontos da Editorial Kalandraka para o 1º ciclo.
Esta é a primeira actividade que se desenvolve na biblioteca do Curros en relación co Día Mundial do Libro.


Aos nenos e nenas gustoulles moito. As historias que nos contou  Paco Nogueiras son estas: