miércoles, 5 de noviembre de 2014

Celebramos o Samaín


Os días 29 e 30 de outubro celebramos o Samaín no colexio.


Dúas bruxas terroríficas esperaban aos nenos e nenas na biblioteca acompañadas de: velas, arañas, escuridade, cabazas, música de medo, monstruosidades varias e unha gran exposición de arrepiantes libros.

 Unha estraña voz invitaba aos meniños á biblioteca. Unha vez alí o alumnado de infantil e 1º ciclo visualizou a curta: “ Fiz, o coleccionista de medos”. Para o resto de primaria un grupo de nenos e nenas de 6º inventaron e interpretaron contos para a ocasión.

3ºEP horrorizouse con “As tres bruxas” contada por Lucía, Iago e Aroa de 6ºA.

4ºEP espantouse con "O misterio da mansión"escrito e contado por Carla, Mara, Gabriel, Aitana, Hugo, Ian e Francisco de 6ºA.

5º horripilouse con "O vampiro"  contado por Diego e Martín de 6ºB.

6º enmudeceu co "Misterio da mansión"e "Campamento sangriento" escrito e contado por Andrea e Elena de 6ºB.
Ao rematar visitaron a exposición de libros de medo  (escolleron algún para a súa próxima lectura) e a de bruxas, no vestíbulo do centro.

Día das Bibliotecas Escolares


Aínda que moitos dos nosos/as lectores/as  xa levan todo o mes de outubro visitando a biblioteca,  esta semana inaugurouse oficialmente  para todo o centro coa celebración do Día Internacional da Biblioteca Escolar.

O conto “O claro do bosque” escrito por Mónica Hughes  e ilustrado por Fernando  Manuel Martínez  Menchón, ao que lle agradecemos  o tempo dedicado e felicitamos polo seu estupendo traballo,   foi  contado por  David e Andrea de 6ºB en Kamishibai,  teatrillo tradicional xaponés.
 
 
Durante dous días (23 e 24 de outubro)  Pepón, a nosa mascota da biblio, recibiu a tódolos cursos para gozar con esta fermosa historia.


 



Ademais, as  mochilas viaxeiras empezaron a  percorrer os fogares dos nenos e nenas do CEIP Curros Enríquez un curso máis.
 
Se queredes ver tódalas fotos ou ver o vídeo, visitade a páxina web do cole.