miércoles, 5 de noviembre de 2014

Celebramos o Samaín


Os días 29 e 30 de outubro celebramos o Samaín no colexio.


Dúas bruxas terroríficas esperaban aos nenos e nenas na biblioteca acompañadas de: velas, arañas, escuridade, cabazas, música de medo, monstruosidades varias e unha gran exposición de arrepiantes libros.

 Unha estraña voz invitaba aos meniños á biblioteca. Unha vez alí o alumnado de infantil e 1º ciclo visualizou a curta: “ Fiz, o coleccionista de medos”. Para o resto de primaria un grupo de nenos e nenas de 6º inventaron e interpretaron contos para a ocasión.

3ºEP horrorizouse con “As tres bruxas” contada por Lucía, Iago e Aroa de 6ºA.

4ºEP espantouse con "O misterio da mansión"escrito e contado por Carla, Mara, Gabriel, Aitana, Hugo, Ian e Francisco de 6ºA.

5º horripilouse con "O vampiro"  contado por Diego e Martín de 6ºB.

6º enmudeceu co "Misterio da mansión"e "Campamento sangriento" escrito e contado por Andrea e Elena de 6ºB.
Ao rematar visitaron a exposición de libros de medo  (escolleron algún para a súa próxima lectura) e a de bruxas, no vestíbulo do centro.

Día das Bibliotecas Escolares


Aínda que moitos dos nosos/as lectores/as  xa levan todo o mes de outubro visitando a biblioteca,  esta semana inaugurouse oficialmente  para todo o centro coa celebración do Día Internacional da Biblioteca Escolar.

O conto “O claro do bosque” escrito por Mónica Hughes  e ilustrado por Fernando  Manuel Martínez  Menchón, ao que lle agradecemos  o tempo dedicado e felicitamos polo seu estupendo traballo,   foi  contado por  David e Andrea de 6ºB en Kamishibai,  teatrillo tradicional xaponés.
 
 
Durante dous días (23 e 24 de outubro)  Pepón, a nosa mascota da biblio, recibiu a tódolos cursos para gozar con esta fermosa historia.


 



Ademais, as  mochilas viaxeiras empezaron a  percorrer os fogares dos nenos e nenas do CEIP Curros Enríquez un curso máis.
 
Se queredes ver tódalas fotos ou ver o vídeo, visitade a páxina web do cole.

martes, 27 de mayo de 2014

1º Mercado de libros usados

Outra das actividades que fixemos para celebrar o Día do Libro foi o 1º Mercado de libros usados.
Pedímoslles aos nenos e nenas de Primaria que trouxeran, de xeito voluntario, algún libro que xa leran acorde co seu ciclo e en bo estado para poder intercambialo por outro.
A cada un/unha que foi traendo o libro déuselle un vale para poder cambialo por outro libro.

 

 
 
 

viernes, 9 de mayo de 2014

Apadriña un lector

Esta é unha actividade que está xa consolidada no colexio para celebrar o Día do Libro.
Consiste na lectura dun conto, por  parte do alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria, aos nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo.
Previamente os maiores achéganse á biblioteca do centro para coller o libro que han ler e para poder preparar a lectura.
Ao rematar a actividade todo o alumnado do colexio recibiu caramelos.
Así quedou:

 
 
 
 

miércoles, 12 de marzo de 2014

Mochilas Viaxeiras

De novo botamos a andar as Mochilas Viaxeiras.
O alumnado de Primaria xa pode gozar das aventuras que enchen cada mochila en forma de contos, cómics, libros de inventos ou experimentos, revistas, poesía, puzles, tangran, música...


Buzón de suxestións

A semana pasada puxemos a disposición de todos os usuarios  da Biblioteca un novo buzón de suxestións para poder atender todas as súas necesidades do xeito máis adecuado posible.
Temos que agradecer moito a colaboración desinteresada de Fernando, o profe de manualidades e pintura do cole.

Entroido 2014

Este ano no cole decidimos facer un entroido temático adicado ás estacións do ano.
Os nenos e nenas de infantil representaban o inverno vestidos de bonecos de neve.

 
No primeiro ciclo de primaria recibiron a primavera disfrazados/as de xardineiros/as e flores.
 

 
No 2º ciclo unha morea de follas secas voou co vento do outono. 
                 

 
O alumnado de 3º ciclo de primaria festexou o verán con refrescos e xeados.  
 

             

martes, 18 de febrero de 2014

Que veñen os bombeiros!

O martes 11 de febreiro  os nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de primaria recibiron unha visita moi especial: Bob Esponxa  e os seus amigos os bombeiros.
Entre todos  contáronlles de xeito lúdico como hai que  comportarse cando nos atopamos diante dun lume.

 
 

Contacontos no cole

O día 7 de febreiro  visitounos Iago López para facer varias sesións de animación á lectura. Cos maiores fixo diferentes xogos e os máis pequenos gozaron e participaron nos contos de "Martiño" e "O home do saco".

 
 

miércoles, 5 de febrero de 2014

Día da Paz

 O venres 31 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz.
As actividades para conmemorar este día foron as seguintes:
Dende a Biblioteca organizamos un pequeno traballo de investigación por grupos para 6º de Primaria  sobre a figura de Nelson Mandela e un cuestionario sobre o significado deste día. Os traballos expuxéronse no ximnasio do colexio.
O resto dos ciclos fixeron murais da paz para decorar os corredores do centro.
Todo o alumnado participou conxuntamente elaborando un mural xigante e cantando e tocando con frautas, xilófonos e metalófonos un canon pola paz.
Alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria recitaron unhas poesías sobre a Paz, antes de interpretar a canción.