jueves, 31 de enero de 2013

Celebración do Día da Paz

O  día 30 de xaneiro conmemoramos no colexio o Día da Paz coas seguintes actividades:
  • Recitado de poesías creadas polo alumnado de 6º de Primaria.
  • Interpretación por parte de todo o alumnado e profesorado da canción "Só lle pido a Deus", arranxada polo mestre de música. Os alumnos de 4º, 5º e 6º acompañaron a canción con instumentos de percusión de altura determinada (xilófonos e metalófonos), indeterminada (timbais e pandeiretas), ademais de frautas.
  • Recitado da poesía de Ganhi "Se eu poidera", polos alumnos/as de 5º ao rematar a canción.
  • Sesión de contacontos a cargo da profe Tatiana. O conto escollido foi "A que sabe a lúa?", para Infantil e 1º ciclo de Primaria.



viernes, 25 de enero de 2013

FINA CASALDERREY: UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA

http://3.bp.blogspot.com/-5d15WsWFU1U/UP0zVLD2yxI/AAAAAAAADfA/yuDCbVKRgmw/s1600/untitled.bmp 

A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!