viernes, 20 de diciembre de 2013

GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL

Dende a biblioteca preparamos a nova guía de lecturas para este nadal que repartimos a tódolos nenos/as e profesorado do centro.

CONCURSO CONTOS DE NADAL 2013

Ademais do concurso de tarxetas, tamén fixemos en primaria un de contos de nadal, coas seguintes bases:

 
Os gañadores foron:
1º A: Sabela González
1º B: Francisco Pérez
2º A: Lía Galisteo
2º B: Sofía Pérez
3º: Germán González
4º A: Noa González
4º B: Noa Suárez
5º A: Lucas Conde
5º B: Aldara Vázquez
6º A: Uxía Álvarez
6º B: Sofía Rodríguez

CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL 2013

Como todos os anos, ven sendo habitual no centro realizar un concurso de tarxetas de nadal coas seguintes bases:

 
Os gañadores foron:
  • Infantil 3 anos: Carla López
  • Infantil 4 anos A: Hugo Álvarez
  • Infantil 4 anos B: María Prado
  • Infantil 5 anos: Julia Pérez
  • 1ºA: Aitor Codeso
  • 1º B: Fernando Martínez
  • 2º A: Jorge Da Eira
  • 2º B: Sofía Martínez
  • 3º: Jose Bugallo
  • 4º A: Noa González
  • 4º B: Noa Suárez
  • 5º A: Carla Pérez
  • 5º B: Diego González
  • 6º A: Alba Montes
  • 6º B: Nicolás Vila

miércoles, 13 de noviembre de 2013

O magosto no cole

O martes 12 de novembro celebramos o magosto da seguinte maneira:
Pola mañá houbo unha degustación de productos típicos do outono no patio de Educación Infantil para todo o alumnado.

 
Pola tarde os mestres de  Educación Física organizaron unha sesión de xogos populares e algún deles relacionáronse coa temática da castaña.


 

miércoles, 30 de octubre de 2013

O Samaín na Biblioteca

O día 29 de outubro celebramos na Biblioteca a festa do Samaín coas seguintes actividades:
Exposición de libros de medo para todo o colexio na Biblioteca.
Exposición de casas encantadas feitas polos nenos/as na entrada do colexio.
Presentación-película sobre o Samaín que elaboramos hai dous anos para o alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria.
Curta titulada "Corre, corre, cabaciña" para 1º ciclo de Primaria e para Infantil.
A Biblioteca decorouse con motivos do Samaín feitos polos nenos/as e cunha pequena mostra de casas encantadas.

Aquí tedes unha pequena presentación do que pasou ese día na biblio:

martes, 4 de junio de 2013

TROCO

Os nenos/as de 3º A, dirixidos polas profes Silvia e Ana Belén, fixeron unha curta do conto Troco. Esta foi presentada a un concurso organizado pola TVG e a editorial OQO. Ao teren un tempo limitado o vídeo tivo que ser recortado, sen embargo aquí vos deixamos a versión orixinal, que é algo máis longa e que inclúe o making off, da mesma.
A canción da curta foi composta polo mestre de música do colexio.

lunes, 13 de mayo de 2013

6º ENIGMA - 3º CICLO

Con este enigma rematamos o concurso en terceiro Ciclo.


lunes, 29 de abril de 2013

jueves, 25 de abril de 2013

Día do Libro 2ª parte

O día 24 de abril continuamos coa celebración do Día do Libro.
Pola mañá  oito nenos/as de 5º de Primaria representaron co Kamishibai o conto "A cebra Camila" para o alumnado de Infantil e 1º ciclo.
Previamente estes nenos e nenas estiveron ensaiando coa profe Tatiana.
O profe de Plástica de extraescolares tamén colaborou facendo unha cebra Camila de madeira.
Pola tarde o alumnado de 2º e 3º ciclo foi pasando pola biblioteca para ver a curta titulada "The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore", que levou un oscar a mellor curtametraxe de animación no 2012.



             
                              



miércoles, 24 de abril de 2013

Día do libro

O martes 23 de abril celebramos o Día do Libro coa actividade "Apadriña un lector".
O alumnado de 2º e 3º ciclo leron un conto aos máis pequenos/as (dende infantil ata 2º curso de primaria).
Peviamente pasaron pola biblioteca do centro para escoller o libro e preparar a lectura.
Ao final houbo caramelos para todo/as.

 

jueves, 4 de abril de 2013

CORO VIRTUAL 2.0

O compositor Eric Whitacre dirixiu un coro virtual de cantantes de todo o mundo.
"Sleep", que é coma se titula a obra foi gravada cun coro de vídeo de 2052 persoas.

 

miércoles, 3 de abril de 2013

CONCURSO DE ENIGMAS

A partir da próxima semana comenzaremos coa 1ª edición do concurso de enigmas para  2º e 3º ciclo de Primaria.
As bases estarán expostas na Biblioteca, nas aulas e no taboleiro da entrada do colexio.
Este é o cartel:

       

miércoles, 20 de marzo de 2013

BIOGRAFÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

ROSALÍA DE CASTRO
(1837 - 1885)
 
Nace en Santiago de Compostela o 24 de febreiro do ano 1837, Foi bautizada cos nomes de María Rosalía Rita.
En 1856 Rosalía trasládase a Madrid. Alí casou con Manuel Murguía en 1858 e publicou as súas primeiras obras: o poemario La Flor (1857) e mais a novela La hija del mar (1859).
En 1863 apareceu (en Vigo) o seu primeiro grande libro, "Cantares Gallegos", sen dúbida a base de todo o rexurdimento literario e non literario da Nosa Terra.
A máis relevante escritora das nosas letras tivo que publicar o seu derradeiro poemario galego, Follas Novas (1880), na Habana e Madrid.
En 1884 publica en castelán En las orillas del Sar.
Rosalía nunca foi unha muller forte e en 1885 agrávase o cancro que padecía, por iso decide pasar unha tempada en Carril, na ría de Arousa, xa que antes de morrer quería ve-lo mar. 
Ós 48 anos, o día 15 de xullo de 1885,  morre en Padrón, donde levaba tempo morando, na casa da Matanza que hoxe está convertida en museo.
Foi enterrada no cemiterio da Adina, na igrexa parroquial de Iria, á que ela cantara nuns preciosos versos de Follas Novas. 
O 25 de maio de 1891 os seus restos foron trasladados á igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago, ó Panteón de Galegos Ilustres, onde repousa na actualidade.
No centenario da publicación de Cantares Gallegos, a Real Academia Galega consagrou o 17 de Maio á celebración do Día das Letras Galegas, que lle foron dedicadas a Rosalía na súa primeira edición.
O 24 de febreiro está recollido oficialmente como día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación. Con tal motivo a AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) promove unha serie de actividades para conmemorar o nacemento da nosa poetisa máis ilustre.Este ano ten especial relevancia a súa obra Cantares Gallegos, pois cúmprense 150 anos da súa publicación.

DÍA DA POESÍA

O día 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía.
No noso centro levarémolo a cabo o próximo venres, 22 de marzo, como remate do 2º trimestre.
Aproveitando que este ano se celebra o 150 aniversario da publicación "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro imos facer as seguintes actividades:
  • Lectura dunha pequena biografía de Rosalía.
  • Recitado, dende Infantil ata 2º ciclo de Primaria, dos poemas "Adiós ríos, adiós fontes", "Campanas de Bastabales" e "Vente, rapasa".  
  • Canto do poema "Adiós ríos, adiós fontes" por parte do alumnado de 3º ciclo. Estarán acompañados   por algúns mestres, que tocarán o teclado, o baixo, a guitarra e o laude.

Estas actividades vanse complementar cun mural feito con caras de Rosalía decoradas polos nenos/as ao estilo de Andy Warhol e cun colgante coa cara da escritora.



 

lunes, 25 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

O día 8 de febreiro celebramos o Entroido con moitas actividades:
  • Para entrar en calor tomamos unha chocolatada con churros amenizada polo D.J. do cole.
  • Despois fomos ás clases a vestirnos. Este ano o disfraz era de temática libre.
  • Baixamos ó patio e cada nivel tiña preparado un baile para a ocasión.
  • A presentación do baile foi a cargo de PEPPA PIG e a súa familia PIG.
  • Por último os profesores amenizaron á hora da comida con cancións disfrazados de tunos.

 
Se queredes ver máis fotos clicade no seguinte enlace:

jueves, 31 de enero de 2013

Celebración do Día da Paz

O  día 30 de xaneiro conmemoramos no colexio o Día da Paz coas seguintes actividades:
  • Recitado de poesías creadas polo alumnado de 6º de Primaria.
  • Interpretación por parte de todo o alumnado e profesorado da canción "Só lle pido a Deus", arranxada polo mestre de música. Os alumnos de 4º, 5º e 6º acompañaron a canción con instumentos de percusión de altura determinada (xilófonos e metalófonos), indeterminada (timbais e pandeiretas), ademais de frautas.
  • Recitado da poesía de Ganhi "Se eu poidera", polos alumnos/as de 5º ao rematar a canción.
  • Sesión de contacontos a cargo da profe Tatiana. O conto escollido foi "A que sabe a lúa?", para Infantil e 1º ciclo de Primaria.



viernes, 25 de enero de 2013

FINA CASALDERREY: UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA

http://3.bp.blogspot.com/-5d15WsWFU1U/UP0zVLD2yxI/AAAAAAAADfA/yuDCbVKRgmw/s1600/untitled.bmp 

A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!