martes, 20 de noviembre de 2012

Magosto 2012

O venres, día 9 de novembro, celebramos no colexio o Magosto ao que estivo invitado  toda a comunidade educativa .
Levamos a cabo varias actividades que contaron coa colaboración de todo o profesorado do centro.
Colocamos unhas mesas no patio de Educación Infantil e ofrecémoslles aos nenos e nenas e máis ás familias unha degustación de froitos de outono, ademais das tradicionais castañas.
No patio de  Primaria, como vén sendo habitual, levamos a cabo unha sesión de xogos tradicionais, organizada polos mestres de Educación Física, entre os que destacan a chave, a carreira de sacos, os aros, o tirasoga...






jueves, 8 de noviembre de 2012

O martes, 30 de outubro, organizamos as seguintes actividades para celebrar a festa do Samaín:
  • Exposición de traballos elaborados polo profesorado e o alumnado en relación ao Samaín-Halloween nos corredores do colexio e na Biblioteca.
  • Exposición de cabazas decoradas.
  • Ambientación do camiño á Biblioteca con cabazas iluminadas e móbiles. As ventás estaban cubertas con papel continuo negro decorado,  realizado por Fernando, mestre de pintura de extraescolares.
 

  • Proxección do curto titulado "A bruxa regañadentes" para Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria.
  • Proxección da película sobre a orixe do Samaín elaborada polo equipo de Biblioteca xa o curso pasado, para 2º e 3º ciclo de Primaria.
  • Exposición de libros de medo.