lunes, 19 de marzo de 2012

Sesión de contacontos

O alumnado de Infantil, primeiro e segundo ciclo de Primaria participou nunha sesión de animación á lectura a cargo de Iago López.
Os pequechos pasárono en grande escoitando a narración dos contos "A princesa Sabela" e "O Souto escuro e perigoso" á vez que participaban meténdose no papel dos personaxes.


lunes, 5 de marzo de 2012

INFANTIL NOS BOMBEIROS

O alumnado de Ed. Infantil pasou unha mañá sumamente entretida durante a visita que lle fixeron aos bombeiros de Xinzo da Limia.
O venres 2 de marzo visitamos as instalacións dos bombeiros e coñecemos un pouco máis o traballo que desempeñan estes profesionais. Ademais de ver as instalacións nas que conviven 24 horas ao día, explicáronnos como se preparan para os diferentes traballos que teñen que realizar e ensináronnos os materiais e os traxes que levan para desempeñalos.