lunes, 30 de enero de 2012

EL ELIXIR DE AMOR

O venres 27 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de Primaria do noso centro acudíu ao Auditorio de Ourense para asistir á representación do espectáculo lírico El elixir de amor da compañía Camerata Lírica de España.
El elixir de amor de Donizetti conta como Nemorino está namorado de Adina, pero ela só lle transmite indiferenza. Desesperado, Nemorino mércalle un misterioso elixir ao doutor Dulcamara, un enganador que asegura que o seu milagroso producto é capaz de curar o mal de amores. A raíz de todo isto vanse desenvolvendo todos os acontecementos.
O/as alumnos/as gozaron dunha novedosa adaptación deste texto, con música en directo, que se representou dun xeito áxil, ameno e divertido.

CAMPIONATO CAMPO A TRAVÉS

O día 18 de xaneiro os nenos e nenas do noso centro participaron na final comarcal de campo a través en Muiños. Tiveron moito éxito e gañaron 6 trofeos:

- 1º clasificados en benxamín masculino e feminino.
- 2º clasificados en infantil masculino e feminino.
- 1º clasificados en alevín masculino e feminino.


miércoles, 25 de enero de 2012

XOGOS POPULARES

Os días 9,16 e 23 de xaneiro os nenos e nenas de 6º curso de Primaria do Curros participaron nunhas actividades de xogos tradicionais, dentro da VII edición do Obradoiro de Xogos Tradicionais impartido polo Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo".

martes, 24 de enero de 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS

Como en anos anteriores xa temos preparadas as mochilas viaxeiras para que os nenos e nenas de Infantil e Primaria poidan gozar delas.
Despois de ler as suxestións que o curso pasado fixo algún pai/nai no caderno viaxeiro, decidimos incluir puzzles nalgunhas das mochilas.
O día 19 de xaneiro entregáronse as mochilas aos nenas/os de Primaria e o día 26 entregaranse as de Infantil.

miércoles, 11 de enero de 2012

VISITA DOS REIS MAGOS

O mércores 21 de decembro recibimos no colexio a visita das súas maxestades os Reis de Oriente para agasallar a todos os nenos e nenas do centro cun fermoso libro.
Aquí vos deixamos a mostra da súa visita.

lunes, 9 de enero de 2012

PREMIADOS CONCURSO CONTOS NADAL

Na seguinte presentación podedes ver @s premiad@s no concurso de Contos de Nadal 2011.

PREMIADOS CONCURSO TARXETAS NADAL

A continuación podedes ver as fotos d@s nen@s premiad@s no concurso de Tarxetas de Nadal 2011.