viernes, 21 de diciembre de 2012

FESTIVAL DE NADAL 2012

Un ano máis celebramos no centro o festival de Nadal, onde cada curso preparou unha panxoliña e onde tamén tivemos a sorte de contar coa participación do grupo de teatro, pandeireta e rondalla das actividades extraescolares. E por último contamos coa grande actuación da magnífica orquestra Brillantina formada polos mestres e mestras do colexio, que estaban de xira polas dependencias do colexio.
 
Deixámosvos unha presentación das fotos de todas e cada unha das actuación do evento.
 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

  
Como ven sendo habitual por estas datas, o Equipo de Biblioteca ,en colaboración co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Curros de Celanova, convocou novamente o Concurso de postais de Nadal deste ano 2012.
Hai que dicir que a resposta de participación foi unánime e que unha inmensa parte dos traballos tiñan bastante calidade, demostrando que as alumnas e os alumnos do colexio teñen moita imaxinación e que viven con intensidade o espírito do Nadal.
 
Os gañadores desta volta foron os seguintes:
 
  • Categoría Educación Infantil: Kevin de 3 anos A, Inés de 3 anos B, Valentina de 4 anos, Alex, de 5 anos A e Sara Martínez de 5 anos B.
  • Categoría Primeiro ciclo de primaria: Iago de 1ºA, Leire de 1º B e Camelia de 2º.
  • Categoría Segundo ciclo de primaria: Mikael de 3ºA, Virginia de 3ºB, Iago de 4ºA e David de 4ºB.
  • Categoría Terceiro ciclo de primaria: Damián de 5ºA, María Pereira de 5ºB e Lucía, de 6º.

Das postais gañadoras escolleuse unha por ciclo para enviar aos pais o programa do festival deste ano 2012. Foron as seguintes:


 
 
 

CONCURSO DE CONTOS DE NADAL

Equipo de Biblioteca ,en colaboración co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Curros, convocou de novo o Concurso de Contos de Nadal do 2012.
Logo dunha participación altísima e dunha grande calidade en moitos dos traballos os gañadores desta volta foron os seguintes:
 
  • 1ºA Minia e 1ºB Sofía Pérez.
  • 2º Vanesa
  • 3ºA Iván Álvarez.
  • 4ºA Mara e 4ºB Martín.
  • 5ºA Asdrúbal e 5ºB Alex Valado.
  • 6º Ismael.


lunes, 17 de diciembre de 2012

GUÍA DE LECTURAS NADAL 2012

Por estas datas o Equipo da Biblioteca elabora unha guía de Lecturas, para que serva de referente aos nosos/as alumnos/as.

 
 

martes, 20 de noviembre de 2012

Magosto 2012

O venres, día 9 de novembro, celebramos no colexio o Magosto ao que estivo invitado  toda a comunidade educativa .
Levamos a cabo varias actividades que contaron coa colaboración de todo o profesorado do centro.
Colocamos unhas mesas no patio de Educación Infantil e ofrecémoslles aos nenos e nenas e máis ás familias unha degustación de froitos de outono, ademais das tradicionais castañas.
No patio de  Primaria, como vén sendo habitual, levamos a cabo unha sesión de xogos tradicionais, organizada polos mestres de Educación Física, entre os que destacan a chave, a carreira de sacos, os aros, o tirasoga...






jueves, 8 de noviembre de 2012

O martes, 30 de outubro, organizamos as seguintes actividades para celebrar a festa do Samaín:
  • Exposición de traballos elaborados polo profesorado e o alumnado en relación ao Samaín-Halloween nos corredores do colexio e na Biblioteca.
  • Exposición de cabazas decoradas.
  • Ambientación do camiño á Biblioteca con cabazas iluminadas e móbiles. As ventás estaban cubertas con papel continuo negro decorado,  realizado por Fernando, mestre de pintura de extraescolares.
 

  • Proxección do curto titulado "A bruxa regañadentes" para Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria.
  • Proxección da película sobre a orixe do Samaín elaborada polo equipo de Biblioteca xa o curso pasado, para 2º e 3º ciclo de Primaria.
  • Exposición de libros de medo.

 

miércoles, 24 de octubre de 2012

Día Das Bibliotecas Escolares

Hoxe, 24 de outubro celebramos no cole "O Día das Bibliotecas Escolares. Fixemos as seguintes actividades: para o 2º e 3º ciclo de Primaria o videoconto "Pablo Casals. O coleccionista de pipas" do que xa tedes o enlace na entrada anterior e para Educación Infantil e 1º ciclo, os nenos de 6º escenificaron co teatro "kamishibai" o conto "¿Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?" e ao final destas actividades tivemos unha sesión de formación de usuarios para cada curso.





Se queredes ver máis fotos premede no seguinte enlace
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipcurroscelanova/galeria/thumbnails.php?album=132

domingo, 21 de octubre de 2012

Día Internacional das Bibliotecas Escolares

O mércores 24 de outubro celebraremos O Día Internacional das Bibliotecas Escolares coa proxección dun vídeo-conto feito polo Equipo da Biblioteca titulado Pablo Casals "El coleccionista de pipas"

martes, 29 de mayo de 2012

Presentación do libro "Un mar de aventuras"

O día 25 de maio os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria presentaron, no auditorio de Celanova, o libro que escribiron. Este libro foi apadriñado por Luis Ferreiro, fillo de Celso Emilio Ferreiro.
 Aquí vos deixamos o vídeo da presentación.


                                                     Presentación definitiva un mar
                                                View more presentations from luis425.

miércoles, 16 de mayo de 2012

Concerto didáctico

Lucía tocando o acordeón de teclas.
Gústannos moito os sons do acordeón.

Imos bailar un pouco!
 Os nenos e nenas de Infantil visitaron a aula de música de Primaria.
 A profe Andrea agasallounos cun mini concerto didáctico que lles permitíu  achegarse  ao coñecemento do acordeón. Todos gozaron moito escoitando as explicacións da profe e o sonido do instrumento e tamén se animaron a cantar e a facer algún xogo musical.

viernes, 27 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO

O día  23 de abril celebramos o Día do Libro coa actividade "Apadriña un lector", organizada polo Equipo de Biblioteca. A actividade consistíu na lectura dun libro   por parte do alumnado de 2º e 3º ciclo aos nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo de Primaria. O libro escollérono días antes na Biblioteca tendo en conta a idade dos oíntes.
Os espazos escollidos para a lectura foron algunhas aulas de infantil, a biblioteca e o salón de actos.
Aquí vos deixamos unha mostra da citada actividade.





viernes, 20 de abril de 2012

HIP HOP - POEMA POP


O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria acudíu ao Auditorio de Celanova para asistir a un concerto didáctico interactivo de música, poesía, grafitti e danza a cargo dos músicos de rap Julio Couselo e Luís Liñares e do compositor e violinista Juan Carlos Vázquez.

lunes, 19 de marzo de 2012

Sesión de contacontos

O alumnado de Infantil, primeiro e segundo ciclo de Primaria participou nunha sesión de animación á lectura a cargo de Iago López.
Os pequechos pasárono en grande escoitando a narración dos contos "A princesa Sabela" e "O Souto escuro e perigoso" á vez que participaban meténdose no papel dos personaxes.


lunes, 5 de marzo de 2012

INFANTIL NOS BOMBEIROS

O alumnado de Ed. Infantil pasou unha mañá sumamente entretida durante a visita que lle fixeron aos bombeiros de Xinzo da Limia.
O venres 2 de marzo visitamos as instalacións dos bombeiros e coñecemos un pouco máis o traballo que desempeñan estes profesionais. Ademais de ver as instalacións nas que conviven 24 horas ao día, explicáronnos como se preparan para os diferentes traballos que teñen que realizar e ensináronnos os materiais e os traxes que levan para desempeñalos.


lunes, 27 de febrero de 2012

Entroido 2012

Tremenda festa a que houbo no Curros o venres 17 de febreiro!
O patio do colexio converteuse nun bosque animado onde se deron cita todo tipo de criaturas.
Os nenos e nenas de Infantil pasearon polo bosque os seus vestidos de xoaniñas. Os de 1º invadiron o bosque de coellos. Os de 2º revolotearon como abellas .
En 3º os elfos e as fadas levaron a fantasía ao noso bosque. En 4º os mouchos espertaron do seu sono e uníronse á festa.
Como anticipo da primavera floreceu o noso bosque, enchéndose de colorido, que ata os morcegos decidiron sair para comtemplar o marabilloso espectáculo. Os encargados de dar vida a estes personaxes foi o alumnado de 5º e 6º de Primaria.
Previamente, para coller folgos, houbo unha gran chocolatada na que participaron todo o centro e a comunidade educativa.

miércoles, 1 de febrero de 2012

DÍA DA PAZ 2012

O día 30 de xaneiro no colexio celebramos o Día da Paz. Os nenos/as escribiron os seus soños nas follas da paz dunha fermosa árbore. Leron un soño por curso e despois cantaron "SOÑA", adaptación da película de Disney "O Corcovado de Nôtre-Dame", acompañados polos compañeiros de 5º e 6º de Primaria tocando as frautas, xilófonos e teclado.



Se queredes ver máis fotos premede no seguinte enlace:

Aquí tedes o vídeo.

lunes, 30 de enero de 2012

EL ELIXIR DE AMOR

O venres 27 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de Primaria do noso centro acudíu ao Auditorio de Ourense para asistir á representación do espectáculo lírico El elixir de amor da compañía Camerata Lírica de España.
El elixir de amor de Donizetti conta como Nemorino está namorado de Adina, pero ela só lle transmite indiferenza. Desesperado, Nemorino mércalle un misterioso elixir ao doutor Dulcamara, un enganador que asegura que o seu milagroso producto é capaz de curar o mal de amores. A raíz de todo isto vanse desenvolvendo todos os acontecementos.
O/as alumnos/as gozaron dunha novedosa adaptación deste texto, con música en directo, que se representou dun xeito áxil, ameno e divertido.

CAMPIONATO CAMPO A TRAVÉS

O día 18 de xaneiro os nenos e nenas do noso centro participaron na final comarcal de campo a través en Muiños. Tiveron moito éxito e gañaron 6 trofeos:

- 1º clasificados en benxamín masculino e feminino.
- 2º clasificados en infantil masculino e feminino.
- 1º clasificados en alevín masculino e feminino.


miércoles, 25 de enero de 2012

XOGOS POPULARES

Os días 9,16 e 23 de xaneiro os nenos e nenas de 6º curso de Primaria do Curros participaron nunhas actividades de xogos tradicionais, dentro da VII edición do Obradoiro de Xogos Tradicionais impartido polo Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo".

martes, 24 de enero de 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS

Como en anos anteriores xa temos preparadas as mochilas viaxeiras para que os nenos e nenas de Infantil e Primaria poidan gozar delas.
Despois de ler as suxestións que o curso pasado fixo algún pai/nai no caderno viaxeiro, decidimos incluir puzzles nalgunhas das mochilas.
O día 19 de xaneiro entregáronse as mochilas aos nenas/os de Primaria e o día 26 entregaranse as de Infantil.