viernes, 15 de abril de 2011

CLUBE DE LECTURA



O mércores, 6 de abril, fixemos a primeira xuntanza do Clube de Lectura.
Reunímonos na Biblioteca e comentamos o libro que nos tocou a cada grupo (fixemos 3 grupos).
Tomamos chocolate con bica para facer o encontro máis distendido e inmortalizamos o momento con fotos de cada grupo.

jueves, 14 de abril de 2011

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2010/2011

Os días 7 e 8 de abril tiveron lugar no Palacio de Congresos, en Santiago de Compostela, os Encontros do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares. Nós como membros do PLAMBE 1, asistimos o venres, día 8. A parte de atoparnos cos compañeiros, que é unha fonte magnífica de información, aprendizaxe e intercambio de experiencias, as sesións que tivemos estiveron moi adaptadas para a mellora do noso traballo no centro. E o punto final das xornadas, coa inextimable presenza de Xosé Neira Vilas, foi impresionante por cómo nos narrou as súas propias experiencias e o seu labor como escritor. Darlle as grazas, coma sempre, a Pilar e a Cristina pola organización e a calidade das xornadas.



Vídeo resume dos Encontros:

Encontros Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

O FORNO DE FLORDELÍS

O alumnado de 2º ciclo acudiron ao auditorio de Ourense a ver a obra de teatro "O forno de flordelís" do grupo Elefanteelegante. Un espectáculo que convida a reflexionar sobre a forma en que estamos vivindo a nosa vida en sociedade, a forma en que estamos empregando os recursos naturais neste inicio do século XXI e o destino que lles reservamos.


OS NARIGUDOS

Os alumnos/as de infantil 5 anos e 1º ciclo de primaria comtemplaron, o xoves 31 de marzo, un espectáculo de monicreques de luva e variñas, salpicado de momentos de humor e cancións en directo, onde se pretendía dar a coñecer a importancia da boa comunicación, do compañeirismo, do amor e do repecto mutuo.Levouno a cabo no Auditorio de Ourense a compañía de títeres Tanxarina.


Sr. MUNDO, DÍGAME

Os nenos e nenas de 1º e 2º ciclo de Educación Primaria acudiron o martes 29 de marzo, ao salón de actos, a ver a representación da obra de teatro "Sr Mundo dígame" .





UN SACO DE ESTRELAS

Os alumnos de Educación Infantil e 1º ciclo acudiron o luns 28 de marzo a unha sesión de animación á lectura, titulada "Un saco de estrelas", impartida por Iago López Sánchez.