viernes, 11 de marzo de 2011

ENTROIDO 2011

Despois de moitos preparativos ¡por fin chegou o entroido! e celebrámolo por todo o alto.
Para crear un pouco de ambiente colocamos na entrada do colexio a meca "fada madriña" que nos concedería un desexo se lle metiamos 20 céntimos no peto.

O venres, día 4 de marzo, pola tarde celebramos a festa do entroido co desfile de varias comparsas e posterior baile. Todo o festexo estivo amenizado pola Bruxa Aburrida e as tres Xemelgas.
A temática do desfile era a dos contos infantís:
Infantil 3 anos ían de personaxes do conto "101 dálmatas".
Infantil 4 anos ían de personaxes do conto " Alicia no país das marabillas".
Infantil 5 anos desfilaron de "Bob Esponxa".
1º de primaria desfilou de "D´Artagnan e os Mosqueteiros".
2º de primaria ían disfarazados de "Mickey e Minnie Mouse".
3º de primaria desfilou como "Os Picapedra"
4º e 5º curso representaron o conto do "Frautista de Hamelin".
6º curso desfilou de personaxes dos contos dos "Faraóns ".
As 3 Xemelgas, por orde da bruxa, ían percorrendo todos os contos e participaban cos seus personaxes no desfile.

No hay comentarios: