miércoles, 26 de enero de 2011

Mochilas Viaxeiras Infantil

Por segundo ano consecutivo, despois da gran aceptación por parte das familias e do alumnado, botamos a andar de novo as mochilas viaxeiras.
Deixámosvos aquí unha presentación do material.

domingo, 23 de enero de 2011

Pianista chinés sen brazos

Liu Wei, un pianista que perdeu os seus brazos aos 10 anos debido a unha descarga eléctrica, fixo unha marabillosa presentación no show "China´s Got Talent" o 08-08-2010.

lunes, 17 de enero de 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS

O venres, 14 de xaneiro, o alumnado de primaria comezou a levar as mochilas viaxeiras, nas que ían distintos materiais. Como máis salientable, este ano incorporamos nas mochilas de 6º o xogo Arume Xogal, coñecido como o Trivial galego, e un cd de audio de Milladoiro. Esperemos que o alumnado siga gozando desta aventura.

FESTIVAL NADAL

En decembro, como vén sendo habitual, celebramos o Festival de Nadal coas actuacións do alumnado de Ed. Infantil, 1º de primaria, a rondalla do colexio e os grupos de gaitas e pandeiretas.
Se queredes ver os vídeos preme aquí

E se tamén queredes ver as fotos preme na imaxe.

viernes, 14 de enero de 2011

PREMIADOS NO CONCURSO "CONTOS DE NADAL"

Despois dunha longa e difícil tarefa de lectura dos contos participantes no concurso, o xurado acordou premiar ós/ás seguintes alumnos/as:

PREMIOS CONCURSO TARXETAS NADAL

Aquí podedes ver todas as tarxetas que participaron no concurso así como os/as alumnos/as premiados/as.