miércoles, 21 de diciembre de 2011

FESTIVAL NADAL

Xa próximos ás festividades navideñas celebramos no Curros o festival para os nenos e nenas do colexio o luns 19 e para as familias o martes 20 de decembro. A orde das actuacións foi a seguinte:
3 anos: Twinkle twinkle (little star).
4 anos: Cun sombreiro de palla.
5 anos: Los colores del portal.
1º: Unha pouca roupiña.
2º: Los tres pastelitos.
3º: Orquesta original.
4º: Blanca Navidad.
5º: Jingle Bell Rock.
6º: So this is christmas.
Para pechar o festival actuaron a Rondalla e o Grupo de Pandeiretas do colexio.


Para ver os vídeos das actuacións premede no seguinte enlace:

El hombre de Vitruvio

O noso compañeiro Juanjo publica o seu terceiro libro co título de "El hombre de Vitruvio".
A súa presentación terá lugar hoxe ,21 de decembro, ás 19.30 horas no Centro Cultural Deputación.
Se queres ler o primeiro capítulo preme na fotografía.

viernes, 16 de diciembre de 2011

Guía de nadal 2011

Como ven sendo habitual por estas datas o Equipo da Biblioteca elaborou unha guía de lecturas para os alumnos/as do colexio, esperemos que sexan do agrado de todos/as.



VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NOEL

As nenas e nenos de 3 e 4 anos de Educación Infantil asistiron á aula Cemit no concello de Celanova para falar con Papá Noel e facer as súas peticións de agasallos.

miércoles, 7 de diciembre de 2011

CONCURSO DE TARXETAS E CONTOS DE NADAL

Como ven sendo habitual por estas datas, o Equipo de Biblioteca ,en colaboración co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Curros, convocou de novo o Concurso de Tarxetas e Contos de Nadal 2011.
Abaixo podedes ver as bases.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

OS CALDERETAS DESCOBREN A POESÍA EN CELANOVA

O día 25 de novembro o alumnado de primaria do colexio asistiu á presentación do libro "Os Calderetas descobren a poesía en Celanova". Este acto celebrouse no auditorio de Celanova e contou coa presenza do seu ilustrador Pepe Carreiro.
Este libro achéganos ós poetas de Celanova: Castor Elices Rodríguez, Manuel Curros Enríquez, Castor Méndez Brandón, Celso Emilio Ferreiro Míguez e Xosé Luís Méndez Ferrín.



Despois deste acto, os nenos e nenas do 3º ciclo de Primaria visitaron a exposición titulada "Querido Balbino!" que trata sobre a obra Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas e da súa vida.
A continuación acudiron á Biblioteca Pública de Celanova situada no Auditorio.


viernes, 25 de noviembre de 2011

TEATRO DE TÍTERES

O alumnado de 5 anos de Ed Infantil e primeiro ciclo de Ed. Primaria asistíu ao Auditorio de Ourense o luns, 21 de novembro, para ver a obra de títeres "Pinocho y Medio", representada pola compañía El Retablo.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

O MAGOSTO

O día 17 de novembro celebramos a festa do magosto no Curros.
Pola mañá tivemos unha sesión de xogos populares.
O patio dividiuse en dúas zonas; unha para Infantil e 1º curso e outra para o resto de alumnado de Primaria.


Pola tarde houbo unha desgustación de productos típicos de outono; ademais de fogata, castañas e baile.

FROITOS DO OUTONO

Durante a semana do 7 ao 11 de novembro o alumnado de Ed. Infantil tivo unha exposición nos corredores do noso centro sobre "Froitos carnosos e secos típicos do outono".


O xoves, 10 de novembro, fíxose unha pequena degustación dos mesmos.

TEATRO EN INGLÉS - ROBIN HOOD

O día 14 de novembro os alumnos e alumnas do 2º ciclo asistiron ao auditorio de Ourense para ver unha obra de teatro en inglés titulada Robin Hood, interpretada por FACE2FACE Theatre Company.





A lenda dun bandido heorico, a súa banda de ladróns e unha dama en apuros. O malvado Sherif de Nottingham, un home malhumorado e avaricioso, está a lles cobrar impostos aos pobres cidadáns. Robin Hood, coa axuda da súa banda, The Merry Men, utilizan humor, a música e a participación do público para aliviar a dor dos pobres.

A AVENTURA DO SABOR ESTÁ NO MAR

O día 8 de novembro tivo lugar na biblioteca do cole unha actividade promocionada pola Xunta de Galicia para fomentar o consumo do peixe nos comedores escolares. A esta actividade asistiron as nenas e nenos do primeiro ciclo de primaria. Esta campaña leva o título "A aventura do sabor está no mar.

martes, 22 de noviembre de 2011

MÚSICA DOS BALCÁNS

Os alumnos/as de segundo e terceiro ciclo asistiron o día 8 de novembro ao auditorio de ourense para coñecer a música dos Balcáns.
Esta audición leva o título de "Música de los Balcanes dentro de una maleta" e está interpretada por Los Moussakis.


Pulsa na foto para obter máis información.

VIDEOCONFERECIA XORNADAS DA CIENCIA

O venres 4 de novembro, os nenos e nenas do terceiro ciclo tiveron unha videoconferencia sobre as II Xornadas da Ciencia en Galego.
A conferencia foi impartida pola profesora de botánica da universidade de Santiago de Compostela, dona Mª Isabel Fraga Vila e levaba o título de "Sabes porque o ano 2011 é o ano dos bosques?"
A actividade estivo moi interesante, os nenos e nenas animáronse a facer preguntas on line. Nesta actividade participamos á vez 100 centros de toda Galicia.

PLANETARIO MÓBIL EN CELANOVA

O alumnado de 1º e 2º ciclo de Primaria do Curros visitaron o Planetario móbil instalado no pavillón das Triguerizas o día 3 de novembro.

lunes, 31 de octubre de 2011

SAMAÍN 2011

Con motivo da celebración do Samaín, o venres 28 de outubro estivo dedicado á realización de varias actividades relacionadas co tema.

Na biblioteca fíxose unha exposición de libros de terror, para que tódolos cursos a viran. Tamén houbo para tódolos cursos unha exposición de cabazas no vestíbulo do colexio. Algunhas destas cabazas usáronse para indicar o camiño á biblioteca.

Para os alumnos/as de catro, cinco anos e os do primeiro ciclo elaborouse un xogo sacado da "web de Norberto": Aí ven a bruxa. Este foi facilitado pola mestra Yolanda González Guerra.

Os rapaces do segundo e terceiro ciclo tiveron unha presentación (feita polo equipo da biblioteca) na que se explica a orixe desta festa.



martes, 25 de octubre de 2011

Día Internacional das Bibliotecas Escolares

Celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares o luns 24 de outubro coa proxección dun vídeo-conto feito polo Equipo da Biblioteca sobre os Bolechas titulado "Os Bolechas queren saber... como é unha biblioteca".



Formación de usuarios

Como actividade previa á apertura da Biblioteca neste novo curso, levamos a cabo unhas sesións de formación de usuarios para coñecer mellor o seu funcionamento e as súas normas.

lunes, 24 de octubre de 2011

Ola a tod@s! levabamos un tempo sen publicar nada e para comezar deixámosvos este documental que parécenos precioso LISTEN TO YOUR HEART ~ Mike Rowland, Film by Ruedi & Priska Abbühl.

miércoles, 1 de junio de 2011

PRESENTACIÓN DO LIBRO CRIATURAS

O venres, 27 de maio @s alumn@s de 6º presentaron o libro feito por eles "Criaturas". O libro foi apadriñado polo escritor Luis González Tosar.
Durante o acto de presentación vimos a curtametraxe "Nouturnio" do director Raúl García.
Para rematar o acto @s alumn@s de 6º cantaron a canción "A saia da Carolina", acompañándose con frautas e xilófonos.



jueves, 26 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS 2011

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas levamos a cabo os seguintes actos: proxección dunha curtametraxe sobre a biografía de Lois Pereiro, lectura das poesías premiadas no V Certame Literario e entrega de premios e posta en escea da peza teatral "O arco da vella", a cargo do grupo de teatro do centro.
Neste enlace veredes a curtametraxe: http://vimeo.com/23864064
Aquí podedes ver a presentación e o vídeo das poesías premiadas.

video

miércoles, 25 de mayo de 2011

XORNADA CONTACONTOS

Onte martes, 24 de maio, gozamos no Curros dunha xornada de contacontos por parte das Tres Xemelgas.

Pola mañá o alumnado de Infantil, primeiro e segundo ciclo de Primaria vivíu as aventuras e desventuras da Cebra Camila.





video


video


Pola tarde os/as alumnos/as de 6º curso deron A volta ó mundo en oitenta días.

As xemelgas fixeron unha fermosa viaxe arredor do mundo e ían deixando pistas para que @s rapaces/as adivinaran os países e as cidades que visitaban .