martes, 23 de febrero de 2010

Clubs de Lectura

Neste curso embarcámonos nunha nova aventura: "Os Clubs de Lectura"
No mes de novembro, membros do Equipo da Biblioteca tivemos unha reunión cos alumnos do terceiro ciclo de primaria explicándolles en que consistía esta proposta e animámolos a inscribirse nesta actividade.
Como a resposta foi moi exitosa decidimos organizar tres clubs, encargándose destes, tres mestres do equipo da biblioteca.
Eliximos tres espazos acolledores para facer as reunións.
Neste momento estamos co terceiro libro, cunha resposta moi positiva por parte do alumnado.
Nestas fotos vemos os tres clubs de lectura:

No hay comentarios: