martes, 23 de febrero de 2010

O entroido

Este ano o entroido adicouse a biodiversidade.
Durante toda a semana tivemos a figura da Meca que nos ía dicindo o complemento de vestiario que tiñamos que traer cada día.

Por último o venres día 12 fixemos unha festa pola tarde, na que os nenos/as se disfrazaron por ciclos con motivos diferentes relacionados coa diversidade.

Pulsa aquí para ver as fotos

Pulsa aquí para ver os videos

Tamén fixemos una exposición na biblioteca con libros relacionados co entroido.

Clubs de Lectura

Neste curso embarcámonos nunha nova aventura: "Os Clubs de Lectura"
No mes de novembro, membros do Equipo da Biblioteca tivemos unha reunión cos alumnos do terceiro ciclo de primaria explicándolles en que consistía esta proposta e animámolos a inscribirse nesta actividade.
Como a resposta foi moi exitosa decidimos organizar tres clubs, encargándose destes, tres mestres do equipo da biblioteca.
Eliximos tres espazos acolledores para facer as reunións.
Neste momento estamos co terceiro libro, cunha resposta moi positiva por parte do alumnado.
Nestas fotos vemos os tres clubs de lectura:

Mochilas Viaxeiras

Fai unhas semanas puxemos a andar as mochilas viaxeiras.
Como todos estes anos os nenos/as as esperaban con impaciencia.
Xa sabedes que cada clase leva unha mochila, e cada neno/a a leva durante unha semana para que disfrute de todo o material que vai nela.

Aqui estan distintas mochilas co seu material.

jueves, 11 de febrero de 2010

O CONTO DA LÚA

OS RAPACES DE 5 ANOS CÁNTANLLE Á LÚA...

video

martes, 2 de febrero de 2010

La Leyenda de las Lágrimas Doradas

O mércores 27 de xaneiro o noso compañeiro Juanjo presentou o seu libro titulado "La leyenda de las lágrimas doradas" no edificio Simeón de Ourense.
Tivo moitísima audiencia, de feito non chegaron as cadeiras para sentarse todos os que alí estabamos.
Ao día seguinte fixo unha segunda presentación en Celanova, tamén con moita afluencia de público.
Dende aquí os compañeiros desexamoslle moito éxito nesta nova aventura.


DÍA DA PAZ 2010

O venres día 29 celebramos o "Día da Paz", e con tal motivo preparamos con todo o colexio unha canción de Michael Jackson titulada "Heal the World" con letra traducida do grupo brasileiro Roupa Nova, que cantamos todos xuntos no ximnasio. Os nenos o fixeron moi ben, uns auténticos profesionais (os profes non tanto, que algún nin a letra sabía...jajaja); se non o credes mirade o video. Por certo, as voces son dos nenos e os profes, non é playback!!!
Antes da canción, nenos de primeiro recitaron uns poemas sobre a Paz.
Aquí vai unha fermosa poesía e a canción da paz
que todo o colexio preparou con entusiasmo:

video