miércoles, 22 de diciembre de 2010

GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL

Como vén sendo habitual por estas datas dende o Equipo de Biblioteca elaboramos un tríptico con lecturas recomendadas para cada ciclo, que xa se entregou a todo o alumnado cando se lle deron as notas.
Aquí o podedes ver. Esperemos que vos gusten.



sábado, 4 de diciembre de 2010

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

O Día dos Dereitos humanos marca a aprobación por parte da Asemblea Xeral das Nacións Unidas da Declaración Universal dos Dereitos Humanos o 10 de decembro de 1948.
A continuación veredes unha presentacion do conto "Café dulce, café amargo" creada por marinasa.

Café dulce, café amargo on PhotoPeach

viernes, 3 de diciembre de 2010

CONCURSO TARXETAS E CONTOS DE NADAL

Os equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística convocamos un ano máis o concurso de tarxetas e contos de nadal.
O concurso de contos vai destinado ó alumnado de primaria e consiste na redacción dun relato con temática navideña. A extensión máxima é dun folio e o texto será en galego. Premiarase un conto por aula.
No concurso de tarxetas participará todo o alumnado do centro. Farase nunha cartolina tamaño DIN A4 dobrada pola metade podendo utilizar todo tipo de actividades plásticas. O texto será en galego. Premiarase unha tarxeta por aula.
As bases están colgadas na Biblioteca e en cada clase.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

O MAGOSTO

O xoves,11 de novembro, celebramos o magosto coas seguintes actividades:
A partir das 12:15 horas da mañá adicamos o tempo a unha sesión de xogos populares, organizada polos mestres de ed. física. Os xogos foron os seguintes: chave, globos, sacos, mensaxeiros, pita cega, zampacastañas, bolos, pano e tesouro, para infantil e primeiro curso . O resto de primaria xogou á chave, tirasoga, sacos, zancos, cazador, chapacastañas, bolos, aros e piña.


Pola tarde, ademais de comer castañas, fixemos outras actividades.
O alumnado de primaria leu unhas poesías adicadas á Castaña Curriña e os/as nenos/as de infantil asistiron a unha degustación de froitos de outono.
Houbo música ambiental entre os distintos actos e ata Fran, de 6º curso, se animou a tocar a gaita galega.


miércoles, 10 de noviembre de 2010

O sabor da aventura está no mar

O martes, día 9 de novembro, unha cociñeira e un pescador moi especiais viñeron ó cole para fomentar o consumo de peixe entre o alumnado.



lunes, 8 de noviembre de 2010

O OUTONO NO CURROS

Para celebrar a chegada do outono ó noso colexio o alumnado de 2º de primaria preparou uns murais sobre o tema, que están colgados á entrada do colexio. Aquí tendes unha mostra do inxenio destes/as rapaces/as.

jueves, 4 de noviembre de 2010

PRESENTACIÓN RECEITAS MONSTRUOSAS

A biblioteca converteuse nestes días nun comedor terrorífico onde ata o manxar máis suculento ¡mamasiña que medo dá!!!
Grazas a todos/as pola vosa colaboración.
Que vos aproveite, je, je, je...!


miércoles, 3 de noviembre de 2010

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Para celebrar o Samaín ambientamos a Biblioteca con motivos propios deste festexo, ademais fixemos unha exposición de libros de medo e postres e comidas monstruosas traídas polos nenos/as en colaboración coas familias. Con todas elas imos facer un libro de Receitas Monstruosas.
O venres 29 de outubro pasaron todos os cursos pola biblioteca. Antes de chegar atopáronse cunha sorpresa terroríiifica!!!!!!! O camiño á biblioteca estaba a escuras, só se vían cabazas decoradas e iluminadas. A biblioteca estaba a escuras e escoitábase de fondo a canción do Samaín do grupo Mamá Cabra.



Houbo tamén unha exposición de cabazas decoradas polos/as nenos/as no corredor da entrada do colexio. Os/as alumnos/as de 6º curso fixeron traballos de busca de información sobre o Samaín e a relación que ten co Halloween.
Aí van as fotos:



CELEBRACIÓN DÍA BIBLIOTECAS ESCOLARES

O martes día 26 de outubro para conmemorar o día das bibliotecas escolares o alumnado de primaria, agás o 1º curso, viron o vídeo-conto que preparamos na biblioteca.


O mércores 27 a profe Cani, cos seus alumnos de 2º, representou o Conto de dona Carme ó alumnado de infantil e 1º curso.

lunes, 25 de octubre de 2010

Mes das Bibliotecas Escolares

Para celebrar o mes das Bibliotecas Escolares, preparamos este video-conto, preparado de un conto que temos na bilioteca, e o proxectaremos na mesma o día 26.
Iremos chamando por cursos para que o vexan desde 2º ata 6º.
E para os máis pequenos a profe Cani está preparando un conto cos de 2º curso, para contarllo aos nenos de Infantil e 1º curso.

martes, 19 de octubre de 2010

El sueño de Belial

O noso compañeiro Juanjo Lamelas vai presentar un novo libro este mes.
Deixovos aquí o enlace para que lle votedes unha ollada.
http://juanjolamelas.blogspot.com/2009/11/el-sueno-de-belial.html

Comezamos un novo curso

Un curso máis abrimos a biblioteca do cole a principios de outubro.
Despois de preparar os carnés e explicarlles os nenos/as de primeiro curso o funcionamento da biblio, por fin abrimos a biblioteca.
Para darlle colorido, preparamos un cartel de benvida coa mascota e colocamos uns móbiles colgados do teito.
Un saúdo a todos/as.

miércoles, 23 de junio de 2010

martes, 22 de junio de 2010

PROXECTO UXÍO

OS ALUMNOS EXPLICAN ESTE PROXECTO QUE IMPLICOU A TÓDOLOS NENOS E MESTRES DO CENTRO
1ª parte

video

2ªparte

video

A LARANXA MÁIS LARANXA DE TÓDALAS LARANXAS

AQUÍ ESTÁN OS ALUMNOS DO GRUPO DE TEATRO CON ESTA ESTUPENDA OBRA DE CARLOS CASARES
1ª parte

video

2ª parte

video

lunes, 21 de junio de 2010

A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO

Queremos sumarnos á iniciativa doutros blogues de bibliotecas escolares para recordar a José Saramago, que aínda que nos deixou fisicamente, seguira sempre con todos.

martes, 18 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 2009 - 2010

Este ano para conmemorar o "Día das Letras Galegas", fixemos un traballo por proxectos sobre Uxío Novoneyra, no que colaborou todo o colexio desde infantil hasta sexto, e tamén se implicaron os especialistas.
Cada curso encargouse dun proxecto relacionado co entorno do poeta, así quedaron os proxectos:
Educación Infantil:
3 anos: O CUCO
4 anos: O BOI
5 anos: O LOBO
Educación Primaria:
1º ciclo: O TEMPO E AS ESTACIÓNS(1º curso), AS FONTES (2ºcurso)
2º ciclo: FAUNA E FLORA DO COUREL(3ºcurso), CONTEXTO XEOGRÁFICO (4ºcurso)
3º ciclo: CONTEXTO HISTÓRICO(5º curso) CONTEXTO LITERARIO (6º curso)

Durante esta semana pasada foron expostos tódolos traballos na entrada do colexio.
O venres no salón de actos os nenos de cada curso explicaron o que fixeron,ademais os nenos de infantil cantaron cancións relacionadas co traballo que fixeron e os nenos de primaria cantaron dúas cancións con poemas de Uxío Novoneyra e a música composta polo profe de música do colexio, destacando que a canción que interpretaron os nenos de 3º a acompañaron con instrumentos feitos por eles.

martes, 27 de abril de 2010

Celebración Día do Libro

O día 23 de Abril celebramos "O Día do Libro" dunha maneira moi emotiva. Os nenos/as desde 2º curso ata 6º de primaria apadriñaron aos nenos/as de infantil e de 1º curso de primaria, para contarlles un conto.
Durante os días previos houbo moitísimo movemento na biblio, porque os nenos/as foron coller os libros para preparar o conto que lles ían contar aos máis cativos.
A hora elexida foi a "hora de ler". Ocupáronse distintos espazos do centro (corredores, patio de infantil ...), onde os nenos disfutaron desta sesión, tanto os que contaron o conto como os que o escoitaban.
Ao final desta actividade repartíronse uns caramelos a todos os participantes.
A experiencia estivo moi ben, e quedamos todos/as con moitas ganas de volver a repetila.


Concurso Día do Libro

Durante a semana do 19 o 23 de abril entregamos un cuestionario de preguntas relacionadas co Día do Libro na biblioteca. Neste concurso de investigación podían participar todos os nenos/as do colexio. Tiveron de plazo para entregalo ata o 23 de abril.
O cuestionario collímolo de unha webquest elaborada por Lola Iglesias do CEP Crespón, a quen lle agradecemos o seu traballo e polo a disposición de todos.
Todos os nenos/as participantes tiveron un agasallo que se lles entregou o luns 26 do mesmo mes.

jueves, 25 de marzo de 2010

DÍA DA POESÍA

Co gallo do "Día da Poesía", o Equipo da Biblioteca co de Normalización Lingüística, organizamos unha actividade a nivel de centro consistente en traballar unha poesía por aula (seleccionada polo equipo previamente) e posteriormente decorala con motivos alusivos a ela.
Despois fíxose unha exposición de todos os traballos no corredor de acceso á Biblioteca e todas as clases pasaron a vela e ler as poesías.
Aquí tedes unha mostra dos traballos.



viernes, 5 de marzo de 2010

Iago Lòpez no colexio

Hoxe estivo no colexio Iago López, que nolo trouxo a editorial Anaya, para facer unhas sesións de animación á lectura. Contou tres contos: "Os tres amigos", "A gardería de dona Bixelmina" e "Carreira de sacos". Fixo varias sesións para Infantil e para 1º, 2º e 3º de Primaria. Aos nenos gustoulle moito e estiveron moi participativos.