lunes, 23 de marzo de 2009

Día da Poesía

Hoxe, 23 de Marzo, celebramos "O Día da Poesía", con recitado de poemas por nenos do centro que viñeron voluntariamente á biblioteca na hora do recreo.

Uxía de cuarto curso de Primaria, deixounos a seguinte poesía creada por ela:

Campá campaíña,
que soas tan lonxe,
a túa musiquiña
ven de Monforte.

¡Sumerxícheste na auga!
pero antes de bucear
hai que aprender a nadar.

martes, 17 de marzo de 2009

SEMANA DA PRENSA

Na semana da prensa a nosa biblioteca encheuse de todo tipo de xornais (deportivos, nacionais, rexionais...) e revistas variadas aparte das que hai habitualmente.
Algúns cursos utilizaron a "Hora de Ler" para ir á biblioteca a ler os xornais e as revistas. Outros usaron a hora que lles corresponde de biblioteca. Outro momento que se aproveitou para este fin foi a hora do recreo.


Alumnos lendo os xornais na biblioteca

lunes, 16 de marzo de 2009

CONTO VIAXEIRO

Este ano decidimos darlle vida á mascota da biblioteca, Pepón. Para eso puxemos en macha a aventura do conto viaxeiro que comezou polos máis cativos e acabará nos máis grandes. Cada semana Pepón fará unha visita por aula e os nenos crearán unha historia sobre a súa vida. Neste momento xa está no primeiro ciclo. Deixámosvos unha mostra desta viaxe.


lunes, 9 de marzo de 2009

Xuntanza escolar en homenaxe a Curros

Os alumnos de 6º curso do CEIP Curros Enríquez particitamos nunha xuntanza con outros colexios de Galicia para clausurar as celebracións do Centenario de Curros. Durante a convivencia celebramos un recital literario no que interpretamos a canción O MAIO na versión de L.E. Batallán.

video