martes, 16 de diciembre de 2008

Charla sobre prevención de exclusión social

Os nenos/as de 1º e 2º curso de E.Primaria asistiron a esta charla animada por dúas monitoras.



Nesta charla os nenos aprenderon valores de respeto e de consideración cara as diferencias sociais. fixeron debuxos e déronlles unha carpeta con agasallos.

Contos para falar

Os nenos/as de 4º, 5º e 6º de E.Primaria asistiron a este contacontos no salón de actos do concello.

Un animador relatou unha adaptación para nenos da Odisea.



Contou a historia do xigante Polifemo.



Os nenos recibiron:
  • Un libro da Odisea
  • Un recortable
  • Unha camiseta


Charla de Antonio Piñeiro

Antonio Piñeiro, xornalista e secretario da Fundación Curros Enríquez, pronunciou unha emotiva charla no colexio.

Utilizando fotos de época fixo un resume do famoso poema "A VIRXE DO CRISTAL", a fermosa historia de amor entre dous campesiños na Galicia profunda do século XIX.

Chamounos a atención un fermoso documental sobre a vida de Curros na Habana que podedes ver no seguinte enlace referido á historia do Himno Galego:
http://agalega.info/videos/?orixe=0&emi=1104&data=2007-12-08&hora=16:05:07&canle=tvg1