lunes, 27 de octubre de 2008

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Co gallo do Día Internacional das Bibliotecas Escolares levamos a cabo diversas sesións de contacontos nas que os protagonistas foron os nenos.
Así, o xoves 23:
1ª sesión- os nenos de 4º A dramatizaron un conto para os nenos de 5 anos A. E os de 5 anos A representaron un conto para os de 4º A.
2ª sesión- o mesmo pero entre 4ºB e 5 anos B.
3ª sesión- 2º A con 1º B.
4ª sesión- 5º cos de 3 anos.
5ª sesión- 6º B con 2º B.
E o venres 24 continuamos coas sesións de contacontos:
1ª sesión- 1º A con 3º.
2ª sesión- 6º A cos de 4 anos A.
3ª sesión- 6º B cos de 4 anos B.

II ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

O día 17 e 18 de outubro do 2008 celebráronse os II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, co lema "Bibliotecas para ler e aprender".
Finalmente só poido asistir o encargado da biblioteca, por estar de baixa a outra persoa que ía asistir tamén. Esperamos que se recupere axiña e poidamos contar pronto coa súa colaboración.
As ponencias de Isabel Solé, José García Guerrero, Antonio Basanta... así como as experiencias de moitas Bibliotecas Escolares Galegas, integradas no PLAMBE, foron de grande interese para todos os que asistimos ós encontros.