martes, 27 de mayo de 2008

MOCHILA VIAXEIRA


A mochila viaxeira

Cando abrimos un libro abrimos unha fiestra ao mundo, a moitos mundos, porque gracias a el temos nas nosas mans a ocasión de viaxar, de ver, de coñecer, de aprender, de disfrutar, de vivir outras vidas, de comprender…Durante a infancia, a familia é o principal referente en todos os ámbitos polo que debe selo tamén no exercicio da lectura.A “mochila viaxeira” é unha invitación para disfrutar dos libros en compañía, compartindo coa familia os sentimentos e as sensacións que vos producen as lecturas que vos propoñemos. Os materiais incluídos están pensados para que sexan do agrado de todos vós e confiamos en que poidamos conseguir os obxectivos para os que foi deseñada esta actividade: • Toma de conciencia da importancia que ten a familia no fomento da lectura.• Coñecer e disfrutar dos diferentes tipos de lecturas: libros de ficción, informativos, álbums, revistas, etc.Descubrir “outros xeitos de ler” na linguaxe da música e dos audiovisuais.• Fomentar o hábito lector no alumnado do centro.Xunto cos materiais mandamos tamén o “Caderno viaxeiro” para que cada familia aporte as súas impresións e suxerencias sobre a actividade, os materiais, o libro que máis lle gustou… incluso algún debuxo que ilustre unha sensación, un pensamento. En fin, o que queirades…Esperamos a vosa colaboración, convencidos de que o esforzo incidirá moi positivamente na educación dos vos@s fill@s.
¡¡Ánimo e boas lecturas!!Equipo da Biblioteca

lunes, 26 de mayo de 2008

Coplas do Maio

Coplas do Maio

MAIO FLORIDO

As coplas do maio
temos que cantar,
caládevos todos
que imos comezar.

Din que en Celano
vahaiche un bo santiño,
iso no cho seique
eu son pequeniño.

Aínda vou á escola,
eime de aplicar,
pra ser boa persoa
o día de mañá.

Pero é que os estudios
sonvos moi pesados,
despois de tres clases
xa estamos cansados.

Primeiro as mates,
pra darnos a lata;
e logo co Inglés,
metémo-la pata.

Coa Lingua non podo,
o Coñe correúdo,
coa Música temo
non gañar un duro.

Co Galego afogo,
Castelán non leo;
vou ver se este ano
aprobó o recreo.

Amigos e amigas,
meus señores todos:
¿Lembran a súa escola?
¿Gardan o recordó?

Un maestro serio
seguro que había,
que arreaba castañas
a todo o que vía

facendo trasnadas
no medio da clase,
na rúa, na misa
ou en otras partes.

Esta que nós temos
é moi diferente,
hai “ordeñadores”
sen vaca presente.

Imos de excursión,
comemos de gratis,
e para máis contas
aprender é fácil.

E nas nosas casas
non hai que traballar.
¡Deixade ó neno,
que ten que estudiar!

Donas e señores,
ben queridos vellos,
estas son as coplas
dos nosos desexos.

Para que os velliños
poidan ben cobrar
os nenos mais novos
temos que apandar.

Moi traballadores
creceremos todos,
bos e aforradores,
pagando os impostos

Aquí rematamos,
hannos de aplaudir,
e se lles gustou
podemos repetir.